O pasado 4 de outubro inauguramos a cafetería do edificio de Secundaria, que nos últimos dous cursos non puido funcionar debido ás restricións derivadas da pandemia.
Aínda que de momento non é posible acceder ás instalacións interiores, as alumnos e alumnas que queren adquirir algún produto son atendidos desde a porta do local polo alumnado de 4º ESO.
A cafetería está aberta durante os dous recreos da xornada lectiva, e o alumnado pode facer uso dela en función do curso ao que pertence (1º recreo: 1º e 4º de ESO; 2º recreo: 2º e 3º de ESO).
Entre os produtos que se poden encontrar na nosa cafetería están os bocadillos e pasteis que cada día elaboran na panadería Roiser de Coristanco, bolsas de snacks, chocolatinas, gominolas, froita, auga, refrescos e zumes.
Os cartos recadados a través deste servizo irán destinados a sufragar a excursión do alumnado de 4º de ESO, unha actividade que este curso tamén se retoma logo de dous anos de parón.