Skip to Content

DÍA DA FAMILIA

O vindeiro martes, 16 de maio, imos celebrar o día da familia. Como sabedes, trátase dunha xornada de convivencia para toda a comunidade educativa polo que agardamos que a disfrutedes moito. Aquí vos deixamos o programa para ese día.

 

                                                                                       PROGRAMA

 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN-SECUNDARIA.

O pasado 17 de abril, o alumnado de 4º da ESO recibiu con gran interese a charla sobre FP Dual, impartida por Manuel Verdes Abella, dinamizador da relación con empresas na FP para a Comarca de Bergantiños do IES Monte Neme (Carballo).

Álbum: SECUNDARIA 22/23 -> Charla FP Dual

TALLER DE FOTOGRAFÍA PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO - SEXUAL EN 3º ESO

Este ano de novo dende o Departamento de orientación, e a través dos Contratos-Programa, tivemos a sorte de facer un obradoiro de fotografía para a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS

Álbum: SECUNDARIA 22/23 -> Taller fotografía

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O pasado venres, 21 de abril, celebramos no centro o día do libro, cunha lectura colectiva de libros e contos, onde os alumnos e alumnas máis maiores exerceron de "padriños" e "madriñas" lectores do alumnado de educación e infantil e primeiro ciclo de primaria. Foi unha actividade que resoltou moi gratificante para todos eles. Ademais, puideron disfrutar dunha refrescante limonada que prepararon os alumnos de sexto con todo o agarimo do mundo. Grazas a todos os padriños e madriñas lectoras por colaborar tan activamente na actividade, e grazas tamén ao equipo de biblioteca e de Voz Natura por ter coordinado dita actividade.

Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica sobre dita xornada:

SEMANA CULTURAL

Aquí vos deixamos un vídeo que resume a intensa Semana Cultural que se levou a cabo no centro:

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

O pasado martes, 21 de marzo, celebramos unha dobre efeméride: o día da árbore e o día da poesía. Para iso, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria desprazouse camiñando ata a zona de Rego da Balsa e alí, ademais de plantar tres carballos, recitaron diversas poesías. Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:

SEMANA CULTURAL

Hoxe, comezamos unha edición máis da nosa semana cultural, cun programa moi variado que o noso alumnado poderá disfrutar durante toda a semana con diversas temáticas como astronomía, ciencia, teatro, múisica, danza, pintura, charlas, obradoiros, etc da man de grandes artistas e profesionais.

Podedes consultar a programación AQUÍ

Obradoiro de cinema no CPI Alcalde Xosé Pichel

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO, participou no obradoiro de cine para traballar o respeto e a visibilidade do colectivo LGTBIQ, a través da curtametraxe "O mundo ao revés".

De novo o resultado foi espectacular.

Parabéns ao alumnado.

A continuación podes desfrutar da curtametraxe e ver o cartel.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - SECUNDARIA

Álbum: SECUNDARIA 22/23 -> O mundo ao revés

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 23-24

Podedes consultar toda a información sobre o proceso de solictude de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de novo ingreso nos seguintes enlaces.

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

 

NORMATIVA E CALENDARIO

DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR PRAZA

ANEXO II (SOLICITUDE EN GALEGO)

ANEXO II (SOLICITUDE EN CASTELÁN)

ENTROIDO 2023

Aquí vos deixamos un fantástico vídeo onde podedes ver como vivimos e desfrutamos o entroido deste ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut