Skip to Content

Solicitudes comedor escolar 24/25

IMPORTANTE:

As parellas de feito e en réxime de custodia compartida deben aplicar no cálculo da renda o indicado nesta modificación.

Vén de publicarse a instrución de comedores escolares, podedes tamén descargar o anexo II para facer a solicitude. Tamén podedes recoller o impreso e solicitar calquera información na administración do centro.

Recomendacións lectoras

Achegámosvos as nosas recomendacións lectoras veraniegas para EI/EP, o mellor xeito de pasar a calor é a sombra cun bo libro!

Clica na imaxe para ver o tríptico

libros biblio

 

Día da familia e semana cultural

Deixámosvos aquí dous vídeos das nosas actividades.

Día da Familia

Semana cultural

 

Publicación censo familias

Bo día,

A efectos da votación sobre a xornada continuada, está péndurado desde hoxe, no cortizo interior do centro o censo de familias con dereito a voto, por se for do voso interese.

 

Listaxes admisión 2024/2025

As listaxes definitivas de admisión de alumnado no noso centro para o curso 2024/2025 xa están publicadas. Pódense consultar mediante a web de admisión alumnado, identificándose con certificado dixital ou chave 365, ou presencialmente no cortizo interior do centro.

 

Fondo de libros, axudas para libros e material escolar

Vén de ser publicada a orde 7 de maio de 2024 que regula as axudas para compra de libros e material e a participación no fondo solidario de libros de texto. A modo de resumo das situacións máis frecuentes, poñemos este resumo da mesma á vosa disposición. Entendede que non recolle todas as situacións específicas que desenvolve a orde e que é a esta á que tedes que acudir en caso de dúbida.

A presentación será preferentemente vía telemática, a través de https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento ED330B. De facerse de xeito presencial no centro, os prazos recomendables para facelo serán os seguintes:

Educación infantil e primaria: do 27 ao 31 de maio

ESO: do 3 ao 7 de xuño

Podedes descargar aquí os anexos 1 e 2 da citada orde, aínda que tamén estarán dispoñibles en papel no centro.

Calquera dúbida e información, poñédevos en contacto co centro.

 

Programa do Día da familia 2024

Xa se achega o día da familia! aquí tedes o programa para Educación Infantil e Primaria.

programa

Obradoiro de cine

O ALUMNADO DE 4º DA ESO LEVOU A CABO O OBRADOIRO DE CINE PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

No obradoiro traballanse os diferentes aspectos relacionados co cine co obxectivo de previr, sensibilizar e concienciar sobre a LGTBIfobia.

obradoiro de cine

Obradoiro de fotografía

O ALUMNADO DE 3º DA ESO LEVOU A CABO O OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

Este ano fixemos un obradoiro teórico-práctico de uso da fotografía co móbil, no que se desenvolvía o respecto pola diversidade afectivo-sexual, a prevencion e tratamento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

mans na cabeza

Día da nai

Para el Día de la Madre, l@s alumn@s del PFFPB de Jardinería y Viverismo prepararon con la ayuda de otr@s estudiantes, profesor@s y cuidador@s del centro los pedidos de planta (claveles erecto y del moro, petunias, alegrías, suculentas y cóleos) realizados por el alumnado de Secundaria y el personal del centro para regalar. ¡Gracias por los encargos! Os deseamos un Feliz 1º Domingo de Mayo a tod@s.

Nenos sorrín con flores

xente con flores

 
Distribuir contido


by Dr. Radut