Skip to Content

Reunións familias: incidencias cos móbiles

Convocamos ás familias de 1º e 2º da ESO á reunión informativa que terá lugar o xoves 26 de outubro, ás 16:00 horas, no salón de actos do edificio de secundaria, relativa ás incidencias que se están a rexistrar no centro relacionadas cos usos inapropiados dos dispositivos móbiles nas instalacións do centro e as posibles accións para atallalas.

Querémosvos animar a asistir a esta reunión, dada a importancia dos temas a tratar.

Festivos do curso 2023/2024

Informamos á comunidade educativa que os días non lectivos que o claustro do centro solicita á Xefatura Territorial para este curso serán os seguintes:

Venres 13 de outubro.

Luns 20 de maio.

Estas datas están pendentes de confirmación definitiva por parte da administración.

Reunións de familias

Có fin de coordinar a acción educativa entre o centro e as familias, convocarase unha reunión colectiva país/profesorado que terá lugar:

1ºA e 1ºB de ESO: xoves, 5 de outubro ás 16:10

2º A e 2ºB de ESO: xoves, 5 de outubro ás 16:10

3º A e 3ºB de ESO: mércores, 4 de outubro ás 16:10

4º ESO:  mércores, 4 de outubro ás 16:10

PFB en Xardinaría e Viveirismo: xoves 5 de outubro ás 16:10

Prégase que ante calquera inconvinte se poñan en contacto co titor/-a.

Libros de Texto 23/24

Aquí tedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/24.

Houbo unha corrección na listaxe de 2º da ESO, aparecía o título "Les Blogueurs 1" para o libro de francés e agora aparece o correcto, "Les Blogueurs 2".

Solicitudes comedor

Está publicada a instrución de comedor, na que se recolle a normativa para ser usuario/a deste servizo.

Podedes acceder e descargar a circular informativa.

O prazo de solicitude é ata o 14 de xullo.

Reformas na web

Durante este verán a nosa web estará de reformas, pode que algunhas cousas se movan de sitio, rompan ou desaparezan provisionalmente. Se non atopas o que buscas sempre podes poñerte en contacto co centro por teléfono ou mail.

PROXECTO ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

O CPI Alcalde Xosé Pichel converteuse nun estudio de grabación de radio durante dúas xornadas, coa axuda do proxecto "Activistas polo mundo que queremos". A rapazada  de 1º e 2º da ESO escribiu e grabou unhas reportaxes con conciencia antirracista, medioambiental e feminista. 

Escoitade as reportaxes nestes enlaces: 

 

radio.jpeg

 

 Reportaxe gañadora: a reportaxe de 2ºA  feita por Carlos, Noa, Carla e Lara. 

https://www.ivoox.com/reportaxe-ganadora-cpi-alcalde-xose-manuel-pichel-2-audios-mp3_rf_108482654_1.html

 Como premio por gañar este concurso de reportaxes, estes alumnos visitaron a RTVG o 1 de xuño. 

 

Ademáis, aquí poderedes escoitar o resto das reportaxes por cursos: 

 

Escoitar 2ºESO A:  https://go.ivoox.com/rf/106290500

 

Escoitar 2ºESO B:https://go.ivoox.com/rf/106290555

Escoitar 1ºESO A: https://go.ivoox.com/rf/108477806

 

Escoitar 1ºESO B: https://go.ivoox.com/rf/108478347

INSTRUCIÓNS FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

                                                                                               INSTRUCIÓNS

                                                               ANEXO I

                                                               ANEXO II

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O noso alumnado de 4º da ESO, participou no obradoiro de orientación vocacional, como parte do

programa de orientación académica e profesional que cada curso ofrecemos dende o Departamento

de Orientación.

Neste caso, fíxose un gran traballo de desenvolvemento vocacional a través de Lego Serious Play ,

unha técnica para facilitar a reflexión, a comunicación e a resolución de problemas.

No seguinte vídeo, podedes ver os resultados.

INSTRUCIÓN 2/2023 DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Informamos da publicación da Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento da reclamación das cualificacións obtidas e das decións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023. Podedes acceder a dita instrución premendo AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut