Skip to Content

blogue deadmin

Horario de administración

9:00 - 14:00

xuño e xullo

Por cuestións organizativas, para poder administrar o volume de solicitudes que se xestionan nestas datas, informamos de que o horario de atención ao público no centro será de 9:00 a 14:00, desde o día 27/6 e durante o mes de xullo.

Lembrámosvos que vos podedes poñer en contacto con nós mediante o teléfono 881880536 e no e-mail cpi.alcalde.pichel@edu.xunta.gal

Solicitudes comedor escolar 24/25

Vén de publicarse a instrución de comedores escolares, podedes tamén descargar o anexo II para facer a solicitude. Tamén podedes recoller o impreso e solicitar calquera información na administración do centro.

Listaxe libros de texto 2024/2025

Aquí podedes acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025.

Lembrade que, tanto en infantil coma en 5º e 6º de EP non hai libros de texto.

Impresos comedor xuño

Están os impresos de pago de comedor a disposición das familias cuxos fillos/as fixeran uso do servizo en xuño. Podedes recollelos en administración. Lembramos que é imprescindible ter formalizados os pagos do curso 23/24 para poder facer uso do comedor no vindeiro curso 24/25.

Eduexchanges 2024

Dende o pasado 16 de marzo e ata o 24 do mesmo mes 12 alumnos do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco participaron do programa Eduexchanges de intercambios escolares convocado pola Xunta de Galicia. Nesta ocasión viaxaron a Barbezieux (Nouvelle Aquitaine, Francia) xunto cun grupo de estudantes do IES Monte Neme de Carballo. Durante unha semana estiveron coas familias de acollida, polo que poideron desfrutar da cultura francesa dende diversas perspectivas (familiar, escolar, culinaria, de ocio...). Estiveron acompañados por dúas profesoras do centro, e visitaron lugares tan emblemáticos como Aubeterre, La Rochelle, Angoulême ou o Futuroscope de Poitiers. 
Os seus "correspondants" franceses, pola súa banda, visitaron Coristanco e Carballo dende o 26 de abril ao 3 de maio. Coñeceron a nosa contorna (a comarca de Bergantiños, Santiago de Compostela, A Coruña...),así como os nosos costumes, a nosa gastronomía e a nosa lingua. Moitas grazas ás familias e aos rapaces que participaron nesta aventura!!! 
Quen desexe vivir unha experiencia similar en Francia neste curso 2024-25, que se poña en contacto coa profesora de Francés: eparcero@edu.xunta.gal
interchange fransés

Recomendacións lectoras

Achegámosvos as nosas recomendacións lectoras veraniegas para EI/EP, o mellor xeito de pasar a calor é a sombra cun bo libro!

Clica na imaxe para ver o tríptico

libros biblio

 

Votación Xornada Continuada

Lembrámosvos que a votación para a aprobación da xornada continuada terá lugar o xoves 20 de xuño, en horario de 9:00 a 21:00. A mesa de votación estará situada na cafetería do centro, á que se accederá pola porta exterior da mesma.

Animádevos a participar!

 

Día da familia e semana cultural

Deixámosvos aquí dous vídeos das nosas actividades.

Día da Familia

Semana cultural

 

Reunións informativas xornada continuada

Como sabedes, o centro está no proceso de solicitar a implantación da xornada continuada. A este efecto, faranse reunións informativas este xoves 30 de maio ao respecto co seguinte horario.

16:00 - 16:30: Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria

16:30 - 17:00: 3º e 4º de Educación Primaria

17:00 - 17:30: 5º e 6º de Educación Primaria

17:30 - 18:00: ESO

Os horarios son preferentes, para evitar problemas de aforo, se non podedes vir na hora que vos corresponde podedes vir na doutra etapa. Asimesmo, se tedes fillos/as en varios grupos, non tedes que vir a diferentes reunións.

triptico

Agradecemos a vosa asistencia.

Se queredes consultar a orde completa.

 
 

Publicación censo familias

Bo día,

A efectos da votación sobre a xornada continuada, está péndurado desde hoxe, no cortizo interior do centro o censo de familias con dereito a voto, por se for do voso interese.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut