Skip to Content

Eduexchanges 2024

Dende o pasado 16 de marzo e ata o 24 do mesmo mes 12 alumnos do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco participaron do programa Eduexchanges de intercambios escolares convocado pola Xunta de Galicia. Nesta ocasión viaxaron a Barbezieux (Nouvelle Aquitaine, Francia) xunto cun grupo de estudantes do IES Monte Neme de Carballo. Durante unha semana estiveron coas familias de acollida, polo que poideron desfrutar da cultura francesa dende diversas perspectivas (familiar, escolar, culinaria, de ocio...). Estiveron acompañados por dúas profesoras do centro, e visitaron lugares tan emblemáticos como Aubeterre, La Rochelle, Angoulême ou o Futuroscope de Poitiers. 
Os seus "correspondants" franceses, pola súa banda, visitaron Coristanco e Carballo dende o 26 de abril ao 3 de maio. Coñeceron a nosa contorna (a comarca de Bergantiños, Santiago de Compostela, A Coruña...),así como os nosos costumes, a nosa gastronomía e a nosa lingua. Moitas grazas ás familias e aos rapaces que participaron nesta aventura!!! 
Quen desexe vivir unha experiencia similar en Francia neste curso 2024-25, que se poña en contacto coa profesora de Francés: eparcero@edu.xunta.gal
interchange fransés


blog | by Dr. Radut