Skip to Content

blogue deadmin

Samaín Primaria 2023

Tamén celebramos o Samaín de Infantil e Primaria, foi toda unha festa chea de terror!

Samaín Secundaria 2023

Aquí tedes as fotos do Samaín de secundaria , pasámolo xenial!

Reunións familias: incidencias cos móbiles

Convocamos ás familias de 1º e 2º da ESO á reunión informativa que terá lugar o xoves 26 de outubro, ás 16:00 horas, no salón de actos do edificio de secundaria, relativa ás incidencias que se están a rexistrar no centro relacionadas cos usos inapropiados dos dispositivos móbiles nas instalacións do centro e as posibles accións para atallalas.

Querémosvos animar a asistir a esta reunión, dada a importancia dos temas a tratar.

Festivos do curso 2023/2024

Informamos á comunidade educativa que os días non lectivos que o claustro do centro solicita á Xefatura Territorial para este curso serán os seguintes:

Venres 13 de outubro.

Luns 20 de maio.

Estas datas están pendentes de confirmación definitiva por parte da administración.

Reunións de familias

Có fin de coordinar a acción educativa entre o centro e as familias, convocarase unha reunión colectiva país/profesorado que terá lugar:

1ºA e 1ºB de ESO: xoves, 5 de outubro ás 16:10

2º A e 2ºB de ESO: xoves, 5 de outubro ás 16:10

3º A e 3ºB de ESO: mércores, 4 de outubro ás 16:10

4º ESO:  mércores, 4 de outubro ás 16:10

PFB en Xardinaría e Viveirismo: xoves 5 de outubro ás 16:10

Prégase que ante calquera inconvinte se poñan en contacto co titor/-a.

Libros de Texto 23/24

Aquí tedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/24.

Houbo unha corrección na listaxe de 2º da ESO, aparecía o título "Les Blogueurs 1" para o libro de francés e agora aparece o correcto, "Les Blogueurs 2".

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O noso alumnado de 4º da ESO, participou no obradoiro de orientación vocacional, como parte do

programa de orientación académica e profesional que cada curso ofrecemos dende o Departamento

de Orientación.

Neste caso, fíxose un gran traballo de desenvolvemento vocacional a través de Lego Serious Play ,

unha técnica para facilitar a reflexión, a comunicación e a resolución de problemas.

No seguinte vídeo, podedes ver os resultados.

Saída do alumnado de 2º ciclo

O pasado xoves 26 de maio, o alumnado de 2º ciclo fixo a saída de fin de curso visitando Muros, Louro e a fervenza do Ézaro. Podedes ver algunhas fotos da saída premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut