Vén de ser publicada a orde 7 de maio de 2024 que regula as axudas para compra de libros e material e a participación no fondo solidario de libros de texto. A modo de resumo das situacións máis frecuentes, poñemos este resumo da mesma á vosa disposición. Entendede que non recolle todas as situacións específicas que desenvolve a orde e que é a esta á que tedes que acudir en caso de dúbida.
A presentación será preferentemente vía telemática, a través de https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento ED330B. De facerse de xeito presencial no centro, os prazos recomendables para facelo serán os seguintes:
Educación infantil e primaria: do 27 ao 31 de maio
ESO: do 3 ao 7 de xuño
Podedes descargar aquí os anexos 1 e 2 da citada orde, aínda que tamén estarán dispoñibles en papel no centro.
Calquera dúbida e información, poñédevos en contacto co centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexos1e2.pdf | 3.49 MB |