Skip to Content

ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO 2021

Na semana lectiva do 25 ao 29 de outubro o CPI Alcalde Xosé Pichel desenvolverá unha serie de actividades para celebrar a festividade do Samaín. Entre elas, están as seguintes:
  • Concurso de portas terroríficas: o alumnado do edificio de Secundaria decorará as portas das respectivas aulas con motivos asociados ao Samaín. Na primeira semana de novembro, o alumnado de Infantil e Primaria fará unha visita ao edificio dos maiores para ver o resultado da actividade e para elixir a porta gañadora.
  • Exposición de patacas e vasoiras decoradas (Primaria) e Exposición de cabazas e vasoiras decoradas (Secundaria): as creacións do alumnado de ambos os edificios expoñeranse en cadanseu vestíbulo durante a semana do Samaín e mais a seguinte (primeira de novembro).
  • Certame de relatos "Ai, que medo pasei apañando as patacas": concurso de contos para o alumnado de Primaria, nos que o tema principal estará vinculado ás patacas, que este ano serven de centro de interese para a meirande parte das actividades que se van desenvolver.
  • Narración de contos de medo: o alumnado de 4º ESO visitará as aulas de Infantil e Primaria para compartir con eles contos, lendas, historias e tradicións asociadas á festa do Samaín.
  • Magosto: o venres 29 haberá degustación de castañas e xogos tradicionais para todo o alumnado do centro.

Ímolo pasar de medo!

Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares
AdxuntoTamaño
Cartel Samaín.pdf2.19 MB


story | by Dr. Radut