Skip to Content

Novas

Como promover un uso seguro e saudable da tecnoloxía na adolescencia

O xoves 14 de marzo, imos ter a sorte de contar en Coristanco co 
profesor Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor 
da Universidade de Santiago de Compostela.

Antonio foi responsable de numerosos proxectos de investigación do 
eido da mocidade e as adiccións, dende o uso problemático de Internet, 
as redes sociais ou ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias.
Esta vez ofrécenos un obradoiro no que nos falará do uso temperá das 
denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a 
Comunicación) e como estas adoitan traer consigo problemas a nivel 
emocional e de convivencia.
A tiranía do selfie e o imperio de Instagram, o boom dos gamers, 
youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de mozas e mozos 
sorpresivamente menos felices, con máis dificultades para 
relacionarse, para aceptarse a sí mesmas e mesmo para adquirir valores 
ou competencias básicas sobre as que construirse como persoas.

Convidámosvos pois a participar deste encontro, tan necesario e 
interesante para a toda a comunidade educativa, que terá lugar no 
EDIFICIO DE SERVIZOS MúLTIPLES DE CORISTANCO ás 16:30.
Por suposto os propios nenos, nenas e adolescentes están convidados 
tamén a vir.
Esperámosvos!

Samaín Primaria 2023

Tamén celebramos o Samaín de Infantil e Primaria, foi toda unha festa chea de terror!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO 2021

Na semana lectiva do 25 ao 29 de outubro o CPI Alcalde Xosé Pichel desenvolverá unha serie de actividades para celebrar a festividade do Samaín. Entre elas, están as seguintes:
  • Concurso de portas terroríficas: o alumnado do edificio de Secundaria decorará as portas das respectivas aulas con motivos asociados ao Samaín. Na primeira semana de novembro, o alumnado de Infantil e Primaria fará unha visita ao edificio dos maiores para ver o resultado da actividade e para elixir a porta gañadora.
  • Exposición de patacas e vasoiras decoradas (Primaria) e Exposición de cabazas e vasoiras decoradas (Secundaria): as creacións do alumnado de ambos os edificios expoñeranse en cadanseu vestíbulo durante a semana do Samaín e mais a seguinte (primeira de novembro).
  • Certame de relatos "Ai, que medo pasei apañando as patacas": concurso de contos para o alumnado de Primaria, nos que o tema principal estará vinculado ás patacas, que este ano serven de centro de interese para a meirande parte das actividades que se van desenvolver.
  • Narración de contos de medo: o alumnado de 4º ESO visitará as aulas de Infantil e Primaria para compartir con eles contos, lendas, historias e tradicións asociadas á festa do Samaín.
  • Magosto: o venres 29 haberá degustación de castañas e xogos tradicionais para todo o alumnado do centro.

Ímolo pasar de medo!

Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

1º PREMIO DE COOPERATIVISMO NO ENSINO

Hoxe recibimos o 1º Premio de Cooperativismo no ensino polo proxecto de Merendas saudables levado a cabo pola nosa compañeira Lorena Lamas de 5º de E.I.

Parabéns!!!!

CERTAME "COOPERATIVISMO NO ENSINO. 2019"

O noso centro ven de obter o premio ao mellor traballo no certame "Cooperativismo no Ensino. 2019" na modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial na Categoría A. O nome do traballo é "Merendas saudables" e foi presentado pola nosa compañeira, titora de 5º Ed. Infantil, Lorena Lamas Sánchez.

Pódese ver neste enlace a RELACIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS.

PROGRAMA SALVAVIDAS

O noso centro pon en marcha o Proxecto Salvavidas, unha iniciativa solidaria para dotar o centro dun desfibrilador, vendendo 600 pulseras referentes ao proxecto.

 

 

Máis información no seguinte enlace

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROGRAMANDO A ESCOLA: CONCURSAMOS!

O CPI Alcalde Xosé Pichel participa no concurso para proxectos educativos innovadores da Plataforma Proyecta, a nosa proposta chámase "Programando a Escola", e con ela queremos introducir a programación e a robótica no noso colexio, comezando desde os máis pequenos e chegando até os máis grandes.

Se queres ver o video-resumo que fixemos para explicar as nosas intencións, aquí o tes:
 

 

Se queres profundizar un pouco máis, tamén podes consultar os documentos que entregamos:

 1

2

A ver se temos sorte!

RISCOS EN INTERNET

Este luns 12 de maio contaremos coa participación de José Ramón Couto, coordinador do Plan Maior de Seguridade da Garda Civil, que dará unha charla dirixida a familias e profesorado sobre os riscos en Internet. Quedades convidad@s a esta interesante charla.

HORA: 16:00 h

LUGAR: Aula de usos múltiples de ESO do noso centro

Distribuir contido


by Dr. Radut