Skip to Content

Como promover un uso seguro e saudable da tecnoloxía na adolescencia

O xoves 14 de marzo, imos ter a sorte de contar en Coristanco co 
profesor Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor 
da Universidade de Santiago de Compostela.

Antonio foi responsable de numerosos proxectos de investigación do 
eido da mocidade e as adiccións, dende o uso problemático de Internet, 
as redes sociais ou ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias.
Esta vez ofrécenos un obradoiro no que nos falará do uso temperá das 
denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a 
Comunicación) e como estas adoitan traer consigo problemas a nivel 
emocional e de convivencia.
A tiranía do selfie e o imperio de Instagram, o boom dos gamers, 
youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de mozas e mozos 
sorpresivamente menos felices, con máis dificultades para 
relacionarse, para aceptarse a sí mesmas e mesmo para adquirir valores 
ou competencias básicas sobre as que construirse como persoas.

Convidámosvos pois a participar deste encontro, tan necesario e 
interesante para a toda a comunidade educativa, que terá lugar no 
EDIFICIO DE SERVIZOS MúLTIPLES DE CORISTANCO ás 16:30.
Por suposto os propios nenos, nenas e adolescentes están convidados 
tamén a vir.
Esperámosvos!



blog | by Dr. Radut