No centro estamos de noraboa, xa que a alumna Laura Rodríguez Pazos, de 4º de primaria, foi galardoada cun premio da 19ª edición do Concurso Contos de Nadal, que cada ano por estas datas, organiza La Voz de Galicia e Radio Voz. Os nosos parabéns para Laura por amosar o seu talento literario e a obtención de dito premio.
Os premios foron entregados o pasado sábado, 17 de decembro, durante unha gala que se celebrou na casa da cultura do concello de Cee. Na entrega de premios, a alumna estivo acompañada pola súa nai, pola concelleira de Cultura, Educación e Deportes do concello de Coristanco, Clarisa Couto, e polo director do centro, Carlos Fernández.
Tamén podedes ver a noticia coa reportaxe fotográfica dese día premendo AQUÍ.