Skip to Content

SEMANA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebrouse o Dia Interncacional de Loita contra a Violencia de Xénero. No noso centro quixemos recordar esta data e durante esta semana traballouse esta temática a través de varias actividades. Repartíronse lazos morados, traballáronse contos dende a Biblioteca como "Arturo y Clementina" e na megafonía do centro escoitáronse cancións contra a violencia de xénero como "Ella" de Bebe, "Mujer" de Orishas ou "Se acabaron las lágrimas" de Huecco. 

CONCURSO POSTAIS NADAL 2012.

Dende o equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais (subvencionado polo Concello) que se vai celebrar en colaboración cos diferentes equipos de normalización dos centros educativos do Concello.

Podedes premer aquí para consultar as bases da convocatoria.

O ALUMNADO DE INFANTIL IRÁ A VER "PIO" DE CARAMUXO TEATRO

O alumnado de Infantil irá o martes 27 a ver a obra "Pio" de Caramuxo Teatro dentro do Programa Cultural ofertado polo Concello. Podedes coñecer algo máis desta obra premendo na imaxe.

SAMAIN E MAGOSTO NO PICHEL

O pasado 9 de novembro celebrámolo magosto no centro. Fixemos a tradicional degustación de castañas e organizáronse diversos xogos tradicionais. Aproveitamos tamén para facer entrega dos premios ós gañadores e gañadoras de Infantil e Primaria e de Secundaria do concurso de cabaza e dos relatos de terror. Podedes consultar a lista de gañadores no adxunto que se anexa. Norabóa a tod@s.

Visita 50000 do MUNCYT

O noso alumnado, que este pasado martes vistou o MUNCYT na Coruña, converteuse no visitante 50000 do Museo. Fomos recibidos polo director do Museo, Ramón Nuñez, que nos entregou diversos agasallos. Podedes ver a noticia neste enlace.

VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA AO MUNCYT

Este martes 20 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria visitará o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT na Coruña.

OBRA DE TEATRO RRHH - O MÉTODO

O vindeiro martes 20 de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO desprazarase ao Edificio de Servizos Múltiples municipal para asistir, ás 11:00 horas, á representación da obra de teatro RRHH - O Método a cargo do grupo O Aturuxo de Melpómene.

 

 

As profesoras Begoña de Blas, Carmen Aneiros, Concepción Martínez e Mercedes Queixas acompañarán o alumnado.

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Este curso, o centro volve a participar na campaña promovida polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), "Plan de consumo de froita nas escolas".

Neste trimestre, nos recreos, dende o día 12 ata o 16 de novembro, distribuirase froita entre o alumnado que o desexe.

CONCURSOS SAMAÍN 2012

Xa se achega o momento de celebrar o Samaín!!! Por iso, o Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar o concurso de cabazas e o de relatos de terror.   

Picade aquí para ver as BASES

Distribuir contido


by Dr. Radut