Skip to Content

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Este curso, o centro volve a participar na campaña promovida polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), "Plan de consumo de froita nas escolas".

Neste trimestre, nos recreos, dende o día 12 ata o 16 de novembro, distribuirase froita entre o alumnado que o desexe.

CONCURSOS SAMAÍN 2012

Xa se achega o momento de celebrar o Samaín!!! Por iso, o Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar o concurso de cabazas e o de relatos de terror.   

Picade aquí para ver as BASES

Tiro con arco no Pichel

Esta pasada semana membros da Asociación de tiro con arco viñeron o centro a promocionar este deporte entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Podedes ver algunha foto premendo aquí.

Campaña de recollida de roupa

Un curso máis o noso centro colaborou coa Fundación Santa Lola. Esta Fundación leva a cabo unha campaña de recollida de roupa usada para o apoio de proxectos a favor da infancia e da xuventude. O noso centro, a través do alumnado e das súas familias, recolleu decenas de sacos de roupa para colaborar nestas boa causa. Noraboa a tod@s e grazas por colaborar.

REVISTA ASUBÍOS

Xa se publicou a versión dixital do número 49 da revista Asubíos. Nela poderedes ver parte do traballo levado a cabo no noso centro durante este curso. O resultado da revista é fantástico, felicitamos desde aquí á coordinadora de dinamización lingüística por este traballo e anímovos a ver o resultado.

FOTOS ALUMNADO 4º ESO EN PARÍS. XUÑO 2012

Xa están subidas á nosa galería algunhas fotos da excursión de final de curso de 4º ESO a París. Pódense ver premendo aquí.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO ESO. CURSO 11/12

Pódense ver as datas dos exames de setembro de ESO premendo aquí

VISITA A LA VOZ DE GALICIA

Hoxe martes 19 de xuño, o alumnado de 1º ESO visitou as instalacións de La Voz de Galicia.
Hora de saída - 09:45
Hora de chegada - 14:00
Profesoras acompañantes: Mercedes Garrote e Inés.

PRESENTACIÓN DA PELÍCULA GALEGA VILAMOR.

Este venres 8 de xuño, entre as 9:00 e as 9:45 horas, o noso centro acollerá a presentación da película galega Vilamor, que este mesmo día se estreará na carteleira do cine de Carballo.
No encontro co alumnado de 3º e 4º de ESO participará o director Ignacio Vilar, os actores Rubén Riós e Xoel Yáñez e a actriz Sabela Arán.

NOVO BLOG DO CENTRO. NA PUNTA DA LINGUA

Xa se pode visitar o novo blog de Dinamización da Lingua, "Na punta da lingua" desde a páxina web.

O acceso está na barra lateral dereita, no apartado Os nosos blogues II.

Non deixedes de visitalo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut