Skip to Content

Dia mundial de concienciaciación sobre o autismo.

O pasado 2 de abril celebramos o Día Mundial de concienciación sobre o autismo. Entre as diferentes actividades desenvoltas, o alumnado de Infantil traballou o conto de "O cazo de Lorenzo" e os de Primaria visualizou o curto "El viaje de María".

Entre todos deseñamos un mural onde quedou representado o símbolo do autismo e no que cada neno e nena deixou unha mensaxe que demostra que xa coñecemos algo máis sobre este trastorno. Podedes premer aquí para ver máis fotos.

FOTOS NO MUSEO PROVINCIAL (LUGO) CON ANTONIO REIGOSA

Xa están colgadas na Galería de imaxes, as fotos no Museo Provincial en Lugo, con Antonio Reigosa, onde o alumnado de 1º ESO aproveitou para que lle asinara o libro Lu e Go pola muralla.

Podense ver premendo aquí.

SAÍDA DIDÁCTICA A LUGO

Este mércores 18 de abril o alumnado de 1º de ESO viaxará á cidade de Lugo para visitar a muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000, un espazo histórico emblemático en que se ambienta a lectura que realizaron ao longo do segundo trimestre, Lu e Go pola muralla. Guiará a visita o seu autor, Antonio Reigosa, que tamén acompañará a visita ao Museo Provincial.

Esta saída didáctica, que se prolongará desde as 8:45 até as 17:00, será acompañada polas profesoras Ana Fraga, Concepción Martínez e Mercedes Queixas.

FRANCISCO CASTRO VOLVE A VISITAR O NOSO CENTRO

O martes 10 de abril ás 10:30 o narrador Francisco Castro visitará o noso centro para manter un encontro co alumnado de 3º ESO, lector da novela O segredo de Marco Polo, e mais cos membros do club de lectura de 1º e 2º ESO que, no pasado trimestre, descubriron a novela Chamádeme Simbad.

                                                       

CONCURSO DE NOVOS TALENTOS DO PREMIO DE RELATO CURTO DE COCA COLA

O venres 23, @s alumn@s de 2º ESO, Marina de la Iglesia, Luciano Fernández, Judit Martínez e Lucía Ramos, acompañados pola súa profesora de Lingua Castelá, Mercedes Garrote, participaron neste concurso, que tivo lugar no colexio Liceo La Paz de A Coruña.
Haberá que esperar á 1ª fin de semana de Xuño, na que se resolverá o premio, en Pontevedra, da fase autonómica galega.

Desexámoslles moita sorte!!!

Premede aquí para ler a noticia en El Ideal Gallego.

VII CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO DO EUSEBIO DA GUARDA.

A nosa alumna Lucía Ramos Lage  resultou premiada no VII concurso literario Rita Suárez Amado do Eusebio da Guarda na categoría 1º ciclo de ESO.

Pódese leer a noticia en:

El Ideal Gallego.

La Voz de Galicia.

La Opinión A Coruña                                             Na foto: a 1ª da esquerda da 1ª fila.

 

PARABÉNS!!

VISITA Á FEIRA DAS CIENCIAS NO IES ALFREDO BRAÑAS

Hoxe martes 29 de febreiro, o alumnad@ de 4º ESO, visitará a 7ª edición da FEIRA DAS CIENCIAS, no IES Alfredo Brañas de Carballo.

Irán acompañados polas profesoras Carmen Varela e Concha Martínez.

HORA SAÍDA -  12:00 h.

HORA CHEGADA - 14:15 h.

24 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 1º e 2º ESO.

Despois de disfrutar dun vídeo sobre a súa biografía e bibliografía, baixamos ao patio para ler en voz alta varios dos seus poemas, para deseguido soltar globos, cada un deles cun poema no interior e que foron directos ao ceo. Ademáis nos recreos e nos intercambios de clase podíanse escoitar poemas musicados de Rosalía de Castro.

Aquí pódense ver algunhas FOTOS.

Neste VÍDEO, vemos unha mostra do momento no que soltaron os globos.

 

PREMIOS AOS MELLORES DISFRACES 2012.

  • 1º PREMIO INDIVIDUAL - "MONXA MALOTA". (Alba Abelenda - 3º B)
  • 2º PREMIO INDIVIDUAL - "LADY GAGA" (Adriana Velo - 4º A)
  • 1º PREMIO Á MELLOR COMPARSA - "SUPER MARIO BROS" (Álvaro Mol/3ºA - Luciano fernández/2ºA - Adrián Rabuñal/2ºA - Francisco Javier Martínez/2ºA)
  • 2º PREMIO Á MELLOR COMPARSA - "ABELLAS" (Judit Martínez, Lucía Ramos, Cintia Riveiro, Verónica Riveiro e Katiana Veiga de 2º B)

Premede aquí para ver as FOTOS.

24 DE FEBREIRO. DIA DE ROSALIA DE CASTRO

O alumnado de Educación Infantil e Primaria rendemos unha pequena homenaxe neste día especial a Rosalía de Castro. Foron varias as poesías que se recitaron por parte do alumnado de 6º nivel (“Adios ríos, adios fontes”, “Este vaise i aquel vaise”, “Cando penso que te fuches”)  e tamén o alumnado de 5º cantou o poema "Airiños, airiños, aires".O alumnado de 2º ciclo fixo unha breve exposición sobre a vida e obra de Rosalía e o alumnado de Infantil elaborou un precioso retrato da escritora. Premendo no retrato poderedes ver algunhas fotos deste día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut