Skip to Content

REVISTA ESCOLAR ASUBÍOS Nº 48.

Xa está colgada na nosa páxina a revista escolar deste curso. Pódese ver picando en ASUBÍOS Nº 48.

GRADUACIÓN 4º ESO. XUÑO 2011

O venres 24 de xuño, tivo lugar a despedida do alumnado de 4º ESO, na sala de audiovisuais do centro.
Aquí vos deixamos uns videos de recordo do seu paso polo centro.

Saída do alumnado de 2º ciclo

O pasado xoves 26 de maio, o alumnado de 2º ciclo fixo a saída de fin de curso visitando Muros, Louro e a fervenza do Ézaro. Podedes ver algunhas fotos da saída premendo aquí.

RUTA PONDALIANA

O luns 30 de maio, o alumnado de 2º ESO acompañado polos profesores Xan e Paula, fixeron a Ruta Pondaliana (premede para ver un resumo)


Saíron ás 10:25 h e regresaron ás 16:00 h.


Xa se poden ver as fotos premendo aquí

SAIDA DE FIN DE CURSO DE EI E 1º CICLO DE EP

Este martes 31 de maio o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria fixemos unha saída na que visitamos a fábrica de patacas fritidas de Bonilla e fixemos unha visita a Torre de Hércules, Podedes ver as fotos premendo aquí.

FOTOS DA RUTA POLA COSTA DA MORTE. 1º ESO

XA SE PODEN VER AS FOTOS PREMENDO AQUÍ.

CHARLA CICLOS FORMATIVOS

Este venres 27 de maio o alumnado de 4º de ESO asistirá a unha charla sobre ciclos formativos, impartida por profesorado do IES Monte Neme.


HORA -      12:35 - 13:25


LUGAR : Usos múltiples do centro.

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Desde o 23 ao 27 de maio, desenvolverase de novo este Programa, distribuíndo froita nos recreos, entre o alumnado, do mesmo xeito que se fixo xa en novembro, febreiro e marzo.

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2011 PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA.

MÉRCORES

18 MAIO

10:40 - 11:30 "50 aniversario de Memorias dun neno labrego" Actividade de achegamento e dinamización do alumnado de 1º e 2º de ESO a esta obra asinada polo escritor Xosé Neira Vilas.
12:35 - 13:25 "Cunqueiradas" Actuación do contacontos Cándido Pazó, destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

XOVES

19 MAIO

11:30 - 12:20 Obradoiro de teatro do alumnado de 4º ESO que representará tres pequenas pezas dialogadas para o alumnado do 1º ciclo de ESO, xunto á dramatización do poema titulado "Que é Galicia?" de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
12:35 - 13:25 Obradoiro de iniciación ao cómic, impartido polo debuxante e ilustrador Abraham Carreiro e dirixido ao alumnado do 1º ciclo de ESO.

VENRES

20 MAIO

12:30 Entrega dos premios do Certame artístico-literario das Letras Galegas, no edificio de Usos Múltiples do concello.

GAÑADORES DO CONCURSO ARTÍSTICO-LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS 2011

Xa temos os gañadores do concurso artístico-literario das Letras Galegas 2011 no que participaron o CEIP Bormoio-Agualada,CEIP Canosa-Rus,CRA Novo Mencer,Escola Unitaria de Oca e o CPI Alcalde Xosé Pichel.Clicando no seguinte enlace podedes velos. A entrega dos premios terá lugar mañá venres 20 de maio no Edificio de Servizos Múltiples do Concello as 12:30 h.


 


NORABOA a todos os participantes!

Distribuir contido


by Dr. Radut