Skip to Content

24 DE FEBREIRO. DIA DE ROSALIA DE CASTRO

O alumnado de Educación Infantil e Primaria rendemos unha pequena homenaxe neste día especial a Rosalía de Castro. Foron varias as poesías que se recitaron por parte do alumnado de 6º nivel (“Adios ríos, adios fontes”, “Este vaise i aquel vaise”, “Cando penso que te fuches”)  e tamén o alumnado de 5º cantou o poema "Airiños, airiños, aires".O alumnado de 2º ciclo fixo unha breve exposición sobre a vida e obra de Rosalía e o alumnado de Infantil elaborou un precioso retrato da escritora. Premendo no retrato poderedes ver algunhas fotos deste día.

 



page | by Dr. Radut