Skip to Content

VISITA DIDÁCTICA Á CIDADE DE PONTEVEDRA

Mañá mércores 9 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO viaxará a Pontevedra para facer un roteiro urbano guiado recordando a vida de Castelao na cidade. Ademáis farán unha visita á Exposicion de Xan Leira sobre a Historia da Lingua na Biblioteca Municipal.

Hora de saída - 09:00 h
Hora de chegada - 16:00 h

Profesoras acompañantes: Mercedes Queixas, Concha Martínez e Carmen Varela.

Para máis información, podedes visitar o blog Lingua de Alcaián. Recordade que tedes un acceso na barra lateral esquerda desta páxina.

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres 4 de novembro celebramos o II Día da Ciencia en Galego descubrindo o labor científico desenvolvido por dúas importantes mulleres: a polaco-francesa Marie Curie, Premio Nóbel de Física e Química, e a matemática coruñesa Mª Josefa Wonenburger.

Picade aquí para ver algunha foto.

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

No segundo recreo do venres 4 de novembro entregáronse na biblioteca os premios do certame de relatos de terror Samaín 2011. Os autores e autoras deixáronnos sorprendidos coas lecturas das súas historias misteriosas e sempre sorprendentes.

Resultaron gañadores:

O rato que asustaba aos elefantes - Ed. Infantil-3 anos.

O dente, de Víctor Sánchez Saldaña - 1º  Primaria.

Un castelo de terror, de Aida Duarte Recarey - 4º A (Primaria)

Meu avó no bosque, de Alba Collazo Collazo - 5º (Primaria)

Condenada pola morte, de Antonio Bouzas Otero - 1º ESO B

A filla dos provocadores de naufraxios, de Julia Vila Sousa - 1º ESO A

A noite do Samaín, de Nuria Turnes Ferreiro - 1º ESO A

31 de outubro, de David Amado Velo - 1º ESO A

Eu unha bruxa?, de Katiana Veiga Espasandín - 2º ESO B

Pódense ver algunhas fotos picando aquí

PARABÉNS!!!

MÁIS BLOGUES DO CENTRO

Na barra lateral dereita, temos colgados dous novos blogues.

  • Kunst in coris, un blog da aula de Plástica.
  • Mot à mot, un blog da aula de francés.

Non deixedes de visitalos!!!

ESTREAMOS BLOG!!!

Chámase LINGUA DE ALCAIÁN e é un blog da aula de lingua e literatura galega de 3º e 4º de ESO.


Para visitalo, tedes o enlace na barra lateral esquerda, no apartado Os nosos blogues.

 

Dámoslle a benvida ao novo blog!!!

CONCURSOS SAMAÍN 2011.

Para celebrar o Samaín, o Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar 2 concursos, un de relatos de terror e outro de cabazas.

Pinchade aquí para máis información.

Animádevos a participar!!!.

TEATRO

O próximo xoves 27 de outubro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO asistirá, ás 11 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do concello, á representación da obra "E de maior quero ser ..." a cargo da compañía Caramuxo Teatro, que presenta un espectáculo que quere axudar a reflexionar sobre a desigualdade e a violencia de xénero, partindo de textos de Darío Fo e Blanca Rame.

Profesorado acompañante: Pilar Espido, Conchi Liñares, Begoña de Blas, Susana Penas e Mercedes Queixas.

REVISTA ESCOLAR ASUBÍOS Nº 48.

Xa está colgada na nosa páxina a revista escolar deste curso. Pódese ver picando en ASUBÍOS Nº 48.

GRADUACIÓN 4º ESO. XUÑO 2011

O venres 24 de xuño, tivo lugar a despedida do alumnado de 4º ESO, na sala de audiovisuais do centro.
Aquí vos deixamos uns videos de recordo do seu paso polo centro.

Saída do alumnado de 2º ciclo

O pasado xoves 26 de maio, o alumnado de 2º ciclo fixo a saída de fin de curso visitando Muros, Louro e a fervenza do Ézaro. Podedes ver algunhas fotos da saída premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut