Skip to Content

DE RUTA POLA COSTA DA MORTE

Onte, 10 de maio, o alumnado de 1º ESO acompañados de Rosa Rial e Xan Fernández fixo unha ruta pola Costa da Morte. Fixeron paradas no Dolmen de Dombate, no Castro de Borneiro, no Castelo de Vimianzo, Muxía ...


Hora saída - 08:45 h.


Hora chegada - 16:00 h.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL.

O 9 de maio @s alumnos/as de 1º ESO fixeron un INTERCAMBIO LINGUÍSTICO-CULTURAL co IES Xosé Neiras Vilas (Oleiros). Saíron do noso centro ás 10:25 h e chegaron ás 18:00 h.


Profesoras acompañantes: Mercedes Queixas e Ana Pillado.


 

CORRELINGUA 2011

Un ano máis, o alumnado de 3º e 4º ESO participarán na gran festa da lingua que durante a mañá deste mércores 4 de maio percorrerá as rúas da Coruña.


HORA SAÍDA - 10:25 h                              HORA CHEGADA - 14:15 h


PROFESORAS ACOMPAÑANTES - Mercedes Queixas, Rosa e Concha.

FOTOS II SEMANA CULTURAL - ED. SECUNDARIA

Xa temos colgadas na nosa galería as fotos dalgunhas das actividades celebradas na II SEMANA CULTURAL. (Saída á Enseada da Insua, Contacontos, Obradoiro de Teatro de 4º ESO, Memorias dun neno labrego, Concurso Fotografía Matemática, Curiosidades científicas con Jorge Mira, Obradoiro de Música e cancións tradicionais con Xabier Díaz de Berrogüeto ...)


Premede aquí.

HOMENAXE AO ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS

O martes 26 de abril o alumnado de 4º ESO desprazouse ao Pazo da Cultura de Carballo para participar nun acto de homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, autor da obra Memorias dun neno labrego que cumpre neste 2011 o cincuentenario da súa primeira edición. Ylenia, Carmela e Kelly foron as encargadas de dar voz ao alumnado presente ao relataren as súas impresións sobre a evolución do mundo da aldea transcorridos cincuenta anos.


Para ler a noticia en "El Ideal Gallego", premede aquí. , e para lela en "La voz de Galicia", premede aquí


Profesoras acompañentes: Mercedes Queixas e Carmen Varela

...E PARA REMATAR A SEMANA CULTURAL, CELEBRÁMOLO DÍA DO LIBRO.

Durante esta semana, como ben sabedes, celebramos a Semana Cultural, tanto en Infantil e Primaria como en Secundaría. Os nenos e nenas de Infantil e Primaria fixemos moitas actividades, o luns disfrutamos coas audicións de Música Clásica, o martes fixemos un Obradoiro de pintura, o mércores expuxemos Láminas de arte, o xoves disfrutamos cos Xogos de mesa e tradicionais e o venres celebramos o Día do Libro situando a nosa biblioteca no patio e con outras moitas actividades que podedes ver nestas fotos.

II SEMANA CULTURAL DO CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL.

              PREMEDE AQUÍ PARA VER A PROGRAMACIÓN

VISITA AO OLEIRO DE BUÑO E MALPICA

O pasado xoves 31 de Marzo os alumnos/as do 2º Ciclo de Educación Primaria visitaron o oleiro de Buño e desfrutaron do entorno de Malpica.


Xa podedes ver as súas fotos clicando aquí.

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2011

Co obxetivo de resaltar a presenza das Matemáticas na nosa vida diaria, ao noso arredor, o Departamento de Matemáticas da ESO deste centro, convoca este concurso.

Soamente con mirar ao noso arredor con ollos matemáticos, veremos Matemáticas na arte, na arquitectura, na natureza, na Medicina, na prensa ...

Premede aquí para consultar as BASES.

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS

Desde o 21 ao 25 de marzo, desenvolverase de novo este Programa, distribuíndo froita nos recreos entre o alumnado, do mesmo xeito que se fixo xa en novembro e febreiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut