Co obxetivo de resaltar a presenza das Matemáticas na nosa vida diaria, ao noso arredor, o Departamento de Matemáticas da ESO deste centro, convoca este concurso.
Soamente con mirar ao noso arredor con ollos matemáticos, veremos Matemáticas na arte, na arquitectura, na natureza, na Medicina, na prensa ...
Desde o 21 ao 25 de marzo, desenvolverase de novo este Programa, distribuíndo froita nos recreos entre o alumnado, do mesmo xeito que se fixo xa en novembro e febreiro.
Este venres 25 de Febreiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria visitamos o Aquarium Fisterrae de A Coruña. Coñecimos a Gastón e a Hermosa, os tiburóns que custodian o Aquarium e, como non, vimos como comían as focas. Preme no logo do Aquarium para poder ver as fotos.