Skip to Content

FESTIVAL NADAL

Mañá mércores 22 de decembro a partir das 10:30 h celebraremos no comedor do edificio de Educación Infantil e Primaria o festival de Nadal .Despois entregaránse os premios do concurso de postais e recibiremos a visita dos Reis Magos.

Aquí podedes ver o programa das actuacións:

          EEI Oca "O libro máxico"

       EEI Oca "Dime que fixeches"  

     Ed.Infantil "Los colores del portal"

    1ºCiclo "La tropa de Papá Noel"

    6ºB "La,la ,land"

  5ºA+5ºB"Vinde galeguiños"

4ºA+4ºB"A Christmas play+versión do himno do mundial"

5ºA+5ºB+6ºB"Loca"

6ºA "Nin Papá Noel,nin Reis Magos"

1ºCiclo "Tan tan "

3ºA+3ºB "Cantade mociños"

  5ºB "Waka,waka"

4ºA+4ºB"Aló entre as pallas"

5ºA "Danza kuduro"

 

BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2011

 

CONCURSO DE POSTAIS

Como todos os anos por estas datas celebramos o concurso de postais no que tamén participan a EEI de Oca,o CEIP Canosa-Rus,o CRA Novo Mencer e o CEIP Bormoio-Agualada.

NORABOA a tod@s polo voso esforzo e participación.

Esta é a lista dos gañadores e gañadoras deste ano:

ED. Infantil.

CRA Novo Mencer: Cristina Cuprián 4 anos

CEIP Agualada- Bormoio: Lucas Núñez Traba. 5 anos

CEIP Canosa-Rus: Julia Agrelo. 4 anos.

Escola de Oca: Christian Ramilo Castro . 4 anos.

CPI Alcalde Xosé Pichel: Alvaro Soto 3 anos

 1º Ciclo Primaria.

CRA Novo Mencer: Lucía Taibo Ordoñez 2º EP

CEIP Agualada- Bormoio: Aroa Collazo Bermúdez 2º EP

CEIP Canosa-Rus: Laura Rodríguez 1º EP

Escola de Oca: Sara Álvarez Vilanova 2º EP

CPI Alcalde Xosé Pichel: Brais Canedo Pardiñas 2º EP

 2º Ciclo Primaria.

CEIP Agualada- Bormoio: Laura Río García. 3º EP

CEIP Canosa-Rus: Natalia Puga 4º EP

CPI Alcalde Xosé Pichel: Antia Amarelle 3º B EP

3º Ciclo Primaria.

CEIP Agualada- Bormoio: Julia Vila Sousa 6º EP

CEIP Canosa-Rus: Martiño Paredes Leira 6º EP

CPI Alcalde Xosé Pichel: Vanesa Varela Taveras 6º EP

ESO

Andrea Pose Veres 1º ciclo-2º ESO

Jennifer Torres Mira 2º ciclo- 3º ESO

A continuación podedes ver as fotos das postais gañadoras en Educación Infantil e Primaria do noso cole.

 

                      

Álvaro Soto  3 anos                                                      Brais Canedo Pardiñas 2º E.P.

 

                       

Antía Amarelle 3ºB                                                                 Vanesa Varela Taveras 6ºB

 

 

Xa temos gañadores do concurso de "Punto e coma"¡

Este venres 17 fíxose entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso organizado pola Biblioteca de Primaria para escoller a súa mascota. A gañadora foi este orixinal debuxo de Cristina Pallas Marrozos de 4ºB, Tamén lograron accésit: Víctor Sánchez Saldaña de 6º EI, Ángel Duarte Antelo de 5ºA e Nerea Fernández Pose de 6ºB. Podedes premer aquí para ver o resto de debuxos que se presentaron. Gracias a tod@s por participar e noraboa gañadores.

ÍMONOS AO CINE!!!

Mañá, 22 de decembro, @s alumn@s de ESO, irán ao cine de Carballo, para ver a película "LAS CRÓNICAS DE NARNIA 3. LA TRAVESÍA DEL VIAJERO DEL ALBA" en 3D

HORA SAÍDA - 09:30

HORA CHEGADA - 14:15

PROFESOR@S ACOMPAÑANTES: Mar, Concha, Paula, Carmen, Rosa e Pepe.

AQUÍ VOS QUEDA UN AVANCE:

SAÍDA Á CORUÑA. EDUCACIÓN SECUNDARIA.

O venres 17 de decembro, faremos unha saída á Coruña co alumnado de 1º, 2º e 4º ESO.

  • O alumnado de 1º ESO irá a patinar sobre a pista de xeo no Coliseum e ademáis fará unha ruta pola ría do Burgo.
  • O alumnado de 2º ESO visitará as instalacións da Coca-Cola para despóis participar no Concurso nacional de relato e tamén irán a patinar sobre a pista de xeo do Coliseum.
  • O alumnado de 4º ESO realizará un roteiro urbano que axudará a descubrir a vinculación de Rosalía de Castro con esta cidade galega. O roteiro será guiado polo especialista na figura e na obra de Rosalía de Castro, Diego Pardo, profesor da UDC. Como remate da xornada, seremos recibidos por Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega   (R/ Tabernas, 11), que nos explicará que traballo desenvolve esta institución vinculado á lingua galega.

HORA SAÍDA - 08:45.

HORA CHEGADA - 14:15.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Elena, Susana, Mercedes Garrote, Cruz, Mercedes Queixas e Rosa.

O Camiño de Santiago

O vindeiro luns 13 de decembro os nenos e nenas do 2º Ciclo de Educación Primaria asistirán no Pazo da Cultura de Carballo a unha obra teatral titulada "Cara o campo das estrelas" incluida na iniciativa "O fillo do trono"  da programación do Xacobeo 2010, que ten como obxectivo de achegar os valores do Camiño aos máis cativos.

"Cara o campo das estrelas" é unha montaxe de Sarabela Teatro protagonizada por Sabela Gago e Fernando Dacosta baixo a dirección de Fina Calleja.

A obra narra a historia de Paio e Berenguela, membros da denominada Osoclex (Orde Superior de Operarios do Camiño Lácteo Estelar Xacobino). Ambos introdúcense nun bosque camiño de Compostela e alí aparécelles a raíña Lupa, bruxa e feiticeira, que os obriga a superar unha serie de probas se queren seguir o seu camiño. A partires de entón sucédense situacións disparatadas, batallas e aventuras impresionantes, e moitas risas nun espectáculo de luz e son no que o vídeo xoga tamén un papel moi importante .

 

Visita ó Oleiro de Buño

Este venres 10 de decembro, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída á Olería de Buño, puidemos ver moitas cousas, estancias onde vivían xentes noutras épocas e, como non,... un oleiro traballando co barro e facendo pezas moi bonitas como xerras e cuncas. Ó final deixáronnos barro e fixemos as nosas propias pezas. Se queredes coñecer cousas da Olería premede na foto. Pasámolo moi ben, aquí está a proba.

 

 

NOVEMBRO NA BIBLIOTECA

ACTIVIDADES TEATRAIS E TÍTERES

Durante o mes de novembro, o Concello de Coristanco,a través do gabinete de cultura,ofertounos actividades teatrais e de títeres dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria:
- 16 de novembro: 1º Ciclo de Educación Primaria.
- 23 de novembro: 2º Ciclo de Educación Primaria.
- 29 de novembro: Educación Infantil. 

VISITA Ó PARQUE DE BOMBEIROS DE CARBALLO. Curso 10/11.

Este xoves 18 de novembro os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o parque de bombeiros de Carballo.

Podedes coñecer algún conto neste enlace

 

Bombero

 

Distribuir contido


by Dr. Radut