Este venres 10 de decembro, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída á Olería de Buño, puidemos ver moitas cousas, estancias onde vivían xentes noutras épocas e, como non,... un oleiro traballando co barro e facendo pezas moi bonitas como xerras e cuncas. Ó final deixáronnos barro e fixemos as nosas propias pezas. Se queredes coñecer cousas da Olería premede na foto. Pasámolo moi ben, aquí está a proba.