Skip to Content

OS ALUMNOS/AS DE 1º ESO VISITAN AS INSTALACIÓNS DA VOZ DE GALICIA. (28 DE ABRIL DO 2010)

Os alumnos de 1º ESO visitaron o martes 27 de abril a sede de La Voz de Galicia en Sabón. Durante a visita puideron coñecer cómo se desenrola o traballo na redacción. Tamén se lles explicou o funcionamento da rotativa, e da sala de expedición e peche no encartado e elaboración dos paquetes de periódicos para os puntos de venta. Viron o almacén de papel, coñeceron o seu consumo diario e a procedencia das bobinas. Remataron cunha visita ao Museo, onde  lles ensinaron os primeiros periódicos galegos e cómo se facía La Voz fai varias décadas  

VISITA ORGANIZADA POR: DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ  

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Garrote e Alejandra de la Iglesia.

CONCURSOS. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DOUS CREATIVOS CONCURSOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA                                   CONCURSO DE CAMISETAS

  BASES                                                                       BASES

 

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

MARZO: MES DA MULLER. ÁGATHA CHRISTIE.

O Equipo da Biblioteca organizou unha serie de actividades, para celebrar "O Día Internacional da Muller" 

  • CONCURSO "SABEDES QUEN É ESTA MULLER?"                      
  • EXPOSICIÓN SOBRE ÁGATHA CHRISTIE.
  • PROXECCIÓN DAS PELÍCULAS

     "ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS" E "DIEZ NEGRITOS"

Para ver as fotos das actividades, pica aquí.

    

8 DE MARZO. "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER".

Traballos realizados polo alumnado da ESO para conmemorar o "Día Internacional da Muller". Para ver as fotos, pica aquí.

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.

TEATRO.

O día 16 de marzo do 2010, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistirán á obra de teatro musical "133.6 FM en el espacio interior" realizada pola DGT e coa que se pretende concienciar sobre a importancia de extremar as medidas de seguridade vial, entre outras cousas.

Lugar: Carballo.

Hora saída: 11:30 h.

Hora chegada: 13:30 h.

Profesoras acompañantes: María, Concha, Mar e Carmen.

NOVAS FOTOS INFANTIL E PRIMARIA

Xa podemos ver as fotos do Día da Paz e do Entroido.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2010/2011

Consulte o relacionado co proceso de admisión para o vindeiro curso na ligazón de Secretaría, dentro do apartado "Información de interese"

NOVIDADE!!!

A Biblioteca e o Clube de lectura estrean Blogues!!!

Blogue biblioxosepichel e Blogue Coristranca

Para acceder a eles, picade no apartado da Biblioteca, na marxe esquerda desta páxina.

VISITA Á FEIRA DAS CIENCIAS DO "IES ALFREDO BRAÑAS" DE CARBALLO.

Hoxe, 23 de febreiro do 2010, os alumnos/as de 3º e 4º ESO visitarán a Feira das Ciencias do IES Alfredo Brañas, na que os alumnos/as dese centro expoñerán prácticas e proxectos  de Física-Química, Bioloxía-Xeoloxía, Tecnoloxía e Matemáticas.

Saída - 12:20 h

Chegada - 14:15 h

Profesoras acompañantes: Carmen, Pilar, María e Meli.

FOTOS ENTROIDO 2010.

XA SE PODEN VER AS FOTOS DO ENTROIDO.   PINCHA AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut