Os alumnos de 1º ESO visitaron o martes 27 de abril a sede de La Voz de Galicia en Sabón. Durante a visita puideron coñecer cómo se desenrola o traballo na redacción. Tamén se lles explicou o funcionamento da rotativa, e da sala de expedición e peche no encartado e elaboración dos paquetes de periódicos para os puntos de venta. Viron o almacén de papel, coñeceron o seu consumo diario e a procedencia das bobinas. Remataron cunha visita ao Museo, onde lles ensinaron os primeiros periódicos galegos e cómo se facía La Voz fai varias décadas
VISITA ORGANIZADA POR: DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ
PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Garrote e Alejandra de la Iglesia.