Skip to Content

O Camiño de Santiago

O vindeiro luns 13 de decembro os nenos e nenas do 2º Ciclo de Educación Primaria asistirán no Pazo da Cultura de Carballo a unha obra teatral titulada "Cara o campo das estrelas" incluida na iniciativa "O fillo do trono"  da programación do Xacobeo 2010, que ten como obxectivo de achegar os valores do Camiño aos máis cativos.

"Cara o campo das estrelas" é unha montaxe de Sarabela Teatro protagonizada por Sabela Gago e Fernando Dacosta baixo a dirección de Fina Calleja.

A obra narra a historia de Paio e Berenguela, membros da denominada Osoclex (Orde Superior de Operarios do Camiño Lácteo Estelar Xacobino). Ambos introdúcense nun bosque camiño de Compostela e alí aparécelles a raíña Lupa, bruxa e feiticeira, que os obriga a superar unha serie de probas se queren seguir o seu camiño. A partires de entón sucédense situacións disparatadas, batallas e aventuras impresionantes, e moitas risas nun espectáculo de luz e son no que o vídeo xoga tamén un papel moi importante .

 



page | by Dr. Radut