Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Admitidos e excluídos en Fondolibros

Listaxe provisional de admitidos e excluídos en Fondolibros

Debido á lei de proteción de datos, non podemos publicar as listaxes na páxina web, polo tanto, a listaxe provisional de admitidos e excluídos en Fondolibros está exposta no taboleiro interior do colexio, así mesmo tamén poden consultar os admitidos e excluídos dos vales de libros e material.


Poden consultar o estado da súa solicitude a través da Chave 365 na aplicación Fondolibros ou ben chamando ao centro dende o venres 1 de xullo ata o próximo venres 8 xullo.


RECORDAMOS QUE OS VALES DE LIBROS E MATERIAL SE ENTREGARÁN EN SETEMBRO


 

Comedor Escolar 2022-2023

O comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación

ADMISIÓN: Para a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla.

EMPRESA DE CATERING: Alimentación Saludable Gallega. O funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación. Para a atención deste servizo, cóntase con dúas ou tres coidadoras dependendo do número de comensais.

HORARIOS: de 14:30 h a 16:00h. A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar.

NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 60 prazas.

PREZOS: O prezo diario dependerá (gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€) da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado

2.- Modelo de Autodeclaración - Anexo II.

3.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude

ENTREGA SOLICITUDE: As solicitudes serán recollidas presencialmente na Secretaría do centro, dentro dos prazos indicados en horario do 10:30h a 13:00 h. O Centro facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.

PRAZOS

-Prazo para a solicitude: do 1 de xullo ao 6 de xullo presencielmente.

-Publicación da listaxe provisional de admitidos na páxina web: antes do 15 de xullo. 

-Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional.

-Publicación da listaxe definitiva de admitidos na páxina web: antes do 20 de xullo.

ANULACIÓN DE MENÚS: Débense anular os menús coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia. A anulación no propio día debe realizarse antes das 9:00h e unicamente por correo electrónico a cep.neira.vilas@edu.xunta.gal indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a”.

PAGAMENTOS: Para aqueles comensais que lles corresponda, faranse mensualmente, na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes. O incumprimento do pago impedirá a utilización do comedor no mes seguinte por parte do usuario.

NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR: A asistencia ao comedor implica a aceptación das normas recollidas no Plan de Funcionamento do Comedor Escolar. Pode ser causa de baixa no servizo:

-Non estar ao corrente dos pagos: non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

-Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada agás causas debidamente xustificadas ante a Dirección.

-Non comunicar en tres ocasións a súa ausencia, antes das 9:00 h. do día que deba ter efecto, poderá ocasionar ser suspendido pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

-Mal comportamento reiterado do alumnado.


 

UN AUTÉNTICO MUSEO CHEO DE ARTISTAS

Despois de todo un ano de traballo queremos compartir unha parte de todo o talento que puxemos en marcha ao mesmo tempo que aprendemos.

Con esta pequena mostra, abrimos as portas ao noso particular museo, cargado de ARTE.

Fai click na imaxe e descibrirás todo o noso talento!

 

 

 

Graciñas por acompañarnos nesta viaxe!


 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Todo o alumnado NOVO admitido no centro para o vindeiro curso 22-23 deberá pasar por secretaria, en horario de 12:30 a 13:30, para formalizar a matrícula a partir do luns 20 e ata o 30 de xuño. O alumnado que continúa no centro non ten que facer ningún trámite.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Documentación a presentar:

  • Anexo III-1 ( Cuberto e asinado ) ANEXO III-1  (Fai clic para acceder)
  • Impreso solicitude Autobús  (Só se o precisan) . IMPRESO

Esta información está dispoñible tamén na sección Secretaría - Novas e Avisos


 

Campus Deportivos Verán 2022

Deixámosvos información sobre os Campus Deportivos para este verán no Concello de Gondomar.

Preme na imaxe para ir ao enlace da noticia.

 


 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2022/23

O 18 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-23 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

(Fai clic nos enlaces para acceder)

INFORMACIÓN 

          Axudas libros e material escolar curso 22-23

 

Para máis información podedes descargar:

 

 

As solicitudes poderán entregarse das seguintes formas:

 

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.

 

- DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 12:30h. a 13:30h.


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut