Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Día dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. O obxectivo desta data é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, entre outros, independentemente do lugar do mundo no que nacesen e así traballámolo dende a escola.

Gozamos dun tempo de recreo diferente onde puidemos compartir e xogar con numerosos xogos tradicionais. O alumnado de 6º, coa axuda dalgúns compis de 5º, titorizou ao resto do cole nun tempo onde alumnado e profesorado tentaron lograr cumprir todos os retos entre sorrisos e unha convivencia en harmonía total.

 

 

 

MAGOSTO 2022

Pauliño invita a celebrar o Magosto en compañía das familias o venres, 11 de novembro. Haberá xogos populares, merenda, castañas e moitas gaas de pasar un bo rato dándolle á lingua.

Feliz Magosto!!!

 

  

         

  

 

 


 

XOGADE-Campo a través 2 e 3 de novembro.

Os pasados 3 e 4 de novembro (previstos para o 27 e 28 de outubro)  celebráronse as actividades deportivas en Caldelas de Tui coa proba de campo a través en horario lectivo, co formato de carreiras por clases coa convivencia de todos os coles participantes. Nela participaron o alumnado de 2º,3º,4º e 5º e o seu profesorado. Organizado por AGRUDEBAM no programa de Xogade os nenos e nenas gozaron dun día de deporte e convivencia.

Moitas grazas a todos e todas as participantes, aos profes, e a AGRUDEBAM pola organización e dinamización de Xogade.

EDL presenta...

Coa chegada do Samaín chega o primeiro Tíralle da Lingua do curso. Caveiras, calacús, defuntos, candeas... Palabras en Galego para disfrutar do Samaín.

Agradecer ás familias pola gran exposición de calacús que chegaron ao colexio coa temática do cinema.


 

Cheque escolar complementario (Axuda material)

Aquelas familias ás que se lle concedeu no fondo de libros o cheque de material de 50€, poden pasar polo centro a recoller o cheque complementario de 25€ da ampliación de axuda realizada pola Consellería.

O horario será de 12:50 a 13:40 horas, ao longo desta semana.

O prazo para facer uso de este cheque remata o 1 de decembro.

Formación Familias

A Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) a través da súa organización en Pontevedra, COGAMI, presenta para as familias unha serie de formacións on-line.

Podedes consultar a oferta e inscribiros seguindo a información do documento adxunto a continuación.

Formación COGAMI-COCEMFE

O prazo de inscrición está ampliado ata o 28 de setembro.

23S: Concienciación polo clima

Hoxe, 23 de setembro, iniciamos a primeira película deste novo curso cunha actividade de concienciación sobre o cambio climático. Todas as aulas participamos desta orixinal produción e, a través dun acto simbólico, xuntámonos para colgar as nosas pancartas e as nosas creacións de visibilización sobre o clima. 

 

 

Actividades Extraescolares

Deixámosvos información das actividades extraescolares da ANPA para o presente curso. A inscrición terá de prazo ata o 23 de setembro a través da plataforma: https://activities.tokapp.net/

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut