Primeiro

PROGRAMA "A REVISTA" DA TVG EN DIRECTO DENDE O CEP CARLOS CASARES

O pasado luns 3 de decembro, a TVG estivo no noso cole por mor da exposición sobre o Folclore Galego que fixemos este ano. Parte do alumnado de 6º nivel foron os encargados de explicala e de falar coa presentadora do programa A Revista que emitiu en directo as explicacións de Lúa, Darío, Antía, Jorge e Javier. Estaban moi nerviosos pero o fixeron XENIAL!! PARABÉNS nen@s!!!

Preme na imaxe se queres ver o programa completo.

SAÍDA A VIGO. TEATRO " A GALIÑA AZUL" E VISITA AO XARDÍN BOTÁNICO

O pasado martes 11 de decembro o alumnado do 1º ciclo e do 3º nivel sairon da escola para ver unha obra de teatro "A GALIÑA AZUL" e para visitar o XARDÍN BOTÁNICO de Vigo, a Fundación Sales.

Pasárono xenial, tanto que non se lembraron de sacar fotos na representación teatral, así que so vos podemos mostrar fotos da visita ao xardín, pero polas súas caras podemos deducir que estaban felices, a que si? Que opinades?

 

SAÍDA A VIGO. MUSEO LISTE E BALAÍDOS

A primeira saída do curso, estivo relacionada co proxecto de centro do curso "o folclore". Fomos visitar un museo etnográfico, o MUSEO LISTE de Vigo, unha visita moi recomendable para todo aquel que queira aprender un pouquiño máis da nosa cultura. Vimos un montón de obxectos curiosos utilizados por profesións como cereiros, carpinteiros, xastres e costureiras, menciñeiros... Aprendimos unha chea de cousas...

Despois do museo, as mestras leváronnos a outro sitio no que tamén disfrutamos,  fomos a ABANCA BALAÍDOS, un campo de fútbol dun equipo de primeira división o RC CELTA DE VIGO!! que coa remodelación que lle están a facer vai quedar espectacular!! Alí puidemos entrar no campo, aínda que non nos deixaron pisar o céspede, estivemos nos vestiarios e tamén na zona de prensa onde algúns/has compañeir@s tiveron que responder ás nosas "comprometidas" preguntas.

FOI UNHA MAÑÁ DIVERTIDÍSIMA!!

 

SAÍDA A PONTEAREAS. "XEITOS DE FALARMOS GALEGO"

Nesta visita a Ponteareas fomos recibidos polos Bolechas para aprender moitas cousas sobre a nosa lingua. Cantando nun karaoke e facendo algún que outro xogo aprendimos que o galego se fala de distinta maneira dependendo do lugar ou cidade no que esteamos. Por exemplo, o plural da palabra "pantalón" pode ser "pantalóns" ou "pantalois" e están ben ditas as dúas.
 

 

Aquí vos deixamos un vídeo onde Os Bolechas explican moi ben iso dos distintos xeitos de falar en galego. Esperamos que vos resulte interesante. 

MAGOSTO 2018

E chegou o día do Magosto no CEP Carlos Casares. Neste día facemos moitas cousas, que se o concurso do COCO-ALXÉN, que se o CIRCUITO DE XOGOS POPULARES,  o SALTO DA FOGUEIRA, COMER CASTAÑAS, ben ricas, asadiñas por Manolo e Carmen (moitas grazas por estar con nós ese día)... Non damos para mais!! É un día de tolos, pero, sabedes que? É un dos mellores do ano, xunto co Entroido, as nosas caras xa o din todo como poderedes observar nesta pequena mostra do que ocorre ese día...

 

RESULTADO DOS OBRADOIROS DE MANUALIDADES DO 1º CICLO

Por primeira vez nesta escola puxéronse en marcha de xeito experimental os obradoiros no 1º ciclo. De momento parece que funcionan moi ben..

Durante todo o primeiro trimestre @s nen@s máis pequen@s da escola estiveron traballando para decorar as corticeiras do seu corredor con meigas, gatos e bailaríns ataviados con traxes tradicionais, para aportar o seu pequeno gran de area ao proxecto do cole "O Folclore". Que vos parece? A nós parécenos que quedaron moi bonitos, non si?

DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

TODO O ALUMNADO E AS MESTRAS DO CEP CARLOS CASARES, QUEIXEMOS APOIAR E VISIBILIZAR O DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA, CELEBRADO O 19 DE OUTUBRO.

TODAS AS PERSOAS TROUXEMOS ALGUNHA PRENDA DE COR ROSA, A COR DO LAZO, QUE IDENTIFICA ESTA DATA.

TORRE DE DENSIDADES

Este experimento consistiu en colocar capas de distintos líquidos nun vaso tendo en conta as súas densidades.

A primeira capa da torre é de mel. É o líquido máis denso.

Despois engádese leite. Logo botamos o deterxente, a seguinte capa será auga coloreada de vermello, despois irá o aceite e por último vai o alcohol coloreado de azul.

Unha vez que rematamos con líquidos empezamos cos sólidos: un parafuso, un tomate cherry e unha pelota de ping-pong.

Obtivemos unha torre na que se apreciaba claramente a situación dos diferentes líquidos en función das súas densidades. Tamén puidemos comprobar a diferenza de densidades dos sólidos introducidos na torre.

 
Distribuir contido