Primeiro

CLUB DE CIENCIA 27 de FEBREIRO

Hoxe, día 27 de febreiro, o alumnado do primeiro ciclo tivo a súa segunda xornada do Club de Ciencia. Esta vez, guiados pola mestra Silvia, descubrimos que a auga ten unha "cousa" que se chama TENSIÓN SUPERFICIAL  e que ésta pódese romper co xabón. Así, como primeiro experimento, botamos pementa nun bol con auga, ao meter o dedo limpo no ocorre nada, pero se o mollamos en xabón e logo o metemos no bol, a pementa esparexe porque se rompe a tensión superficial e as moléculas sepáranse levando con elas a pementa.

No segundo experimento tiñamos que conseguir que un clip flotara na auga. Foi moi pero que moi difícil conseguilo, precisamos de moitos intentos e a algún custoulle un pequeno disgusto... Había que facelo coa axuda doutro clip e con moito coidado de non romper a TENSIÓN SUPERFICIAL da auga.

Por último, o máis espectacular de todos, como ao romper a TENSIÓN SUPERFICIAL do leite, o colorante vermello que lle botáramos saía disparado cara aos bordes do caneco. 

Tamén houbo outro experimento que non deu tempo a facer cada un de nós, pero que a mestra Silvia nos ensinou. Conseguimos botar 41 gotas de auga enriba dunha moeda de 1€  sen que se derramara nin unha soa, sen embargo, cando misturamos a auga cun pouco de xabón, só puidemos botar 10 gotas, por que sería?? Sabédelo?

Pois claro, pola TENSIÓN SUPERFICIAL!!

 

COÑECEMOS A PARROQUIA DE ARANTEI

Hoxe, os ne@s de primeiro e segundo fomos de excursión. Pasámolo xenial!!!! Primeiro visitamos o Muíño da Salgada.

O  Señor Amador, avó de Lara de 3º e Hugo de 6º, púxoo en funcionamento e vimos como moía o millo.

 

 

 

 

 

 

 

Despois merendamos no centro cultural. As mamás de Cristian, Sabela, Javier e Xavi   G.  de 2º acompañáronnos durante a excursión e levaron biscoito. Tamén convidaron ás profes a café. MOITAS GRAZAS MAMÁS!!!

 

Vimos lampreas vivas na casa de Rocío, unha ex- alumna do cole. Moitas grazas Paco e Julia, papás de Rocío por abrirnos a vosa casa e ensinarnos estes espectaculares animais. 

 

 

Para rematar esta fermosa xornada visitamos ADEGAS LA VAL onde fomos recibidos por Antonio e despois Ana contounos  o proceso de elaboración do viño e ensinounos a adega.  

INAUGURACIÓN DO ENTROIDO

HOXE FIXEMOS A INAUGURACIÓN DO ENTROIDO MEDIANTE A LECTURA DO PREGÓN E A PRESENTACIÓN DO MECO.

 OS ENCARGADOS DA LECTURA FORN LOIS, DANIELA, YERAI, MARTA E LARA DE TERCEIRO.

 

O MECO ELABOROUNO O ALUMNADO DE SEXTO.

QUE GUAPO LLES QUEDOU!!!                                                                                                AQUI TEDES OS MANDADIÑOS DO MECO PARA A VINDEIRA SEMANA. 

 

O CONXURO GALEGO

Na clase de Relixión, estivemos investigando sobre a QUEIMADA, unha bebida alcólica típica da tradición e da gastronomía galega. Tamén  aprendimos que se lle atribúen propiedades curativas e que  tomada despois do CONXURO, funciona como protección contra maleficios, ademais de manter aos espíritus e demais seres malvados alonxados. MÁGOA QUE OS NENOS NON POIDAMOS TOMALA!!!!!

Se premedes na imaxe poderedes ver como se fai a queimada e no arquivo adxunto tedes a letra do conxuro.

 

1ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA

 
O pasado mércores 30 de Xaneiro, tivo lugar a primeira sesión do club de ciencia deste curso para o alumnado do 1º ciclo. Quedamos a comer no cole e despois empezou a diversión. Pasámolo xenial, foi unha xornada divertidísima! Queredes ver como o pasamos? premede no arquivo adxunto. Ata a vindeira sesión!! 
 
 
 

DÍA DA PAZ E NONVIOLENCIA

O día 30 de xaneiro celebrouse o Día Mundial da Paz e Non Violencia. No CEP Carlos Casares celebrámolo creando uns bonitos murais e composicións con mensaxes de paz. Cada curso fixo  o seu e expuxéronse polos corredores do centro. Aquí os tedes, Gústanvos?

REPARTO E CONSUMO DE FROITA FRESCA

UN CURSO MAIS O NOSO CENTRO PARTICIPA NO PROGRAMA DE REPARTO E CONSUMO DE FROITA FRESCA.

CONCEDÉUSENOS UN SÓ PERÍODO. REPARTIRÁSELLE UNHA PEZA DE FROITA FRESCA A TODO O ALUMNADO DO COLEXIO Á HORA DO ALMORZO, DENDE O DÍA 28 DE XENEIRO AO 8 DE FEBREIRO, AMBOS INCLUÍDOS. A

AS FROITAS QUE SE LLE VAN A REPARTIR SON: CLEMENTINAS, DOUS TIPOS DE MAZÁS, PLÁTANO E PERA.

 

CONCURSO PILABOT

PILABOT é un concurso organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivena, en colaboración cos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de pilas e acumuladores autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia, ECOPILAS, ERP E ECOLEC, en centros educativos de educación primaria e seundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e a súa familia.

Alumnado, familias e mestras estivemos recollendo pilas nas casas para participar neste concurso e conseguimos encher dous colectores e medio de pilas, o martes 5 de febreiro viñeron recollelos, e sabedes canto recolectamos? Pois un total de 235,950 kg!! Xa son quilos!! 

Hai dous premios, un ao cole que máis quilos de pilas recolla en total e outro ao cole que máis quilos de pilas por neno recolla. Gañaremos algún? Manterémosvos informados

A comezos de marzo saiu a resolución do concurso e, lamentamos comunicar que non fomos o centro gañador, que lle imos facer. Non puido ser desta vez, pero estamos contentos igualmente, todos xuntos contribuimos a diminuir a contaminación que habería se todas as pilas que nos recollemos foran tiradas ao lixo das casas.

O ano que ven volveremos a intentalo!

Distribuir contido