Primeiro

O NOSO PROGRAMA MÁIS INTERNACIONAL

O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.

Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas. 

 

Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!

Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!

 

 

Ata outra e... BOA  ESCOITA!
 
 
 

A CHEF XOANA

Hoxe o alumnado do 1º ciclo tivemos unha visita moi especial: a da chef Xoana! Xoana é unha apaixonada dos fogóns e acompañaranos ao longo deste curso para aprendermos xuntos as receitas máis apetitosas da nosa gastronomía!

Con moita paciencia e cariño, fixemos un saboroso biscoito de iogur que resultou ser todo un éxito! Aprendemos algunhas técnicas culinarias así como a importancia de manter o espazo limpo e de ser ordenados e meticulosos á hora de seguir os pasos dunha receita. E os máis lambereteiros... ata repetimos!

Queremos aproveitar para agradecer á pincha Sonia toda a súa axuda así como a colaboración de Xián na elaboración desta  pequena merendola! Moitas grazas!

Deixámosvos un vídeo con fotos sobre o proceso. Esperamos non pórvos os dentes moi longos. Vémonos moi pronto nas vosas cociñas!

 

 

 
 
 

PATIOS DINÁMICOS

Desde inicio de curso, o alumnado e o mestrado do CEP Carlos Casares, estamos aunando esforzos para facer da nosa escola, un lugar máis divertido se cabe!

 

É por iso que, como seguramente xa sabedes, na pista frontal do centro están a pintarse unha serie de coñecidos xogos populares como o Twister e o Truco, só que... en realidade aumentada!

 

Así, brochazo tras brochazo, e paseniñamente, imos aumentando a paleta de cores do noso centro e moi moi pronto, vamos a poder gozar todas e todos nós, de novas opcións lúdicas, alén dos xogos de sempre!

 
 
 
 
 
 
 

AS NOSAS NORMAS DE AULA

Comeza un novo curso e coma todos os anos por estas datas, reunímonos nas clases para facer dúas cousas, escoller mediante votación quen será o/a delegado/a e subdelegado/a da nosa clase e cales van ser as normas que nos imos propoñer cumprir. 

Aqui vos deixamos as normas:


 

NOVO CURSO

COMEZA UN NOVO CURSO NO CEP CARLOS CASARES!!!

Moi benvidos rapaces!!!

E mestres...!!!

SAÍDA DE FIN DE CURSO

Hoxe, día 21 de xuño foi o derradeiro día de curso. E coma todos os anos fomos de excursión para celebralo. Este ano tocou coñecer o interior de Galicia. Despois dunha longa viaxe en autobús, no que algún case morre de fame, (hai que ver de que xeito nos abren o apetito as excursións!!, non o podedes imaxinar...) e unha camiñata de polo menos 20km!! Bueno, seguro que non foron tantos pero a nós pareceunos, sobre todo á subida, chegamos á FERVENZA DO TOXA, espectacular!!

Despois visitamos o MOSTEIRO DE CARBOEIRO e baixamos á súa cripta. Alí os monitores explicáronnos que un cantante moi coñecido gravara un videoclip e ensinounolo ao saír. 

Despois de comer fomos visitar a PONTE DO DEMO onde nos contaron unha lenda moi curiosa sobre a súa orixe, e por último estivemos tomando un xeado e xogando nos columpios da Área de Lecer de Vila de Cruces.

Chegamos moi cansos e cansas pero mereceu a pena polo ben que o pasamos.

Agora queridos nenos e nenas, desfrutade moito do verán, xogade, ide a praia ou ao río, saltade, correde pero sobre todo,

SEDE MOI FELICES!!!

Vémonos en setembro, unha aperta moi forte para todos e todas.

 

CLUB DE CIENCIA 12 DE XUÑO

O pasado 12 de xuño tivo lugar a derradeira sesión por este curso do club de ciencia para o 1º ciclo. Da man da mestra Belén aprendimos cousas sobre o peso, a forza, a evaporación e a capilaridade do papel, conseguindo clavar unha palliña de refresco nunha pataca, ten truco eh!! que un folio aguantara o peso dun taco de plastilina, e que uns espaghettis soportaran o peso dunha grampadora!!

Tamén, grazas ao experimento da auga que camiña que fixeramos con Sonia na sesión anterior, aprendimos o que é a evaporación, e por último fixemos florecer unhas flores de papel que nos quedaron chulísimas!!

Mirade o ben que o pasamos, ata o vindeiro ano!! 

AS PLANTAS

Os nosos compañeiros e compañeiras de 1º nivel están de volta cun novo programa de radio, o último para eles neste curso 18-19.

Esta vez, decidiron que ían falar sobre as plantas e descubriron cousas moi interesantes sobre plantas coma o baobab, a árbore de Tule, os nenúfares... ah! que non sabedes de que plantas estou a falar? Pois escoitade o seu programa...

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

HOXE PASÁMOLO XENIAL!!!!!!! Viñeron os nen@s de Infantil a coñecer o cole. Xogamos a xogos populares:a ra, os birlos, os zancos, os aros e o escondite inglés. 

 

 

 ACTUAMOS PARA ELES!!!! Representamos o conto "A RATIÑA PRESUMIDA" 

 

 

XOGAMOS NA CASIÑA E NO PARQUE!!!!!

    

MOSTRÁMOSLLE CADA RECUNCHO DO NOSO COLE!!!!!!

VOLVEMOS VERNOS  EN SETEMBRO COMPAÑEIROS!!!!!!

TRABALLAMOS CON XEOPLANOS E CON BLOQUES LÓXICOS

As matemáticas parécennos moi divertidas. Encántanos facer construcións con bloques lóxicos. Sáennos resultados xeniais. As veces ata reproducimos obras de arte!

A semana pasada comezamos a traballar con xeoplanos. Son unhas táboas de plástico ou de madeira con clavos. Nós facemos figuras xeométricos utilizando gomas elásticas de cores que se suxeitan nos clavos.

 

 

Distribuir contido