Primeiro

ANTONIO FRAGUAS (LETRAS GALEGAS 2019)

No arquivo adxunto deixámosvos información sobre a vida e obras do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas deste ano 2019, Antón Fraguas, para que poidades traballar co voso alumnado.

AS NOSAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS

Navegando pola rede, atopamos estes videos dos Bolechas onde fan un repaso pola vida de dous autores galegos moi importantes. Unha delas, Rosalía de Castro, por ser a escritora en lingua galega mais importante de Galicia, e o outro, Carlos Casares, porque, ademais de ser un gran escritor na nosa lingua, é o autor que lle da nome ao noso centro. Aqui volos deixamos, esperamos que vos gusten!

  Rosalía de Castro                         Carlos Casares

                         

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o día da árbore, o grupo BARAFUNDA viu ao noso cole a interpretar unha pequena obra teatral para concienciarnos sobre o consumo responsable da auga. A esta obra asistiu o alumnado de 1º,2º e 3º nivel e gustoulles moitísimo. Facía unha calor tremenda e iso que estabamos en marzo!

 

 

 

O NOSO HORTO II

O pasado venres pasámolo xenial!!!! Estivemos plantando no noso horto!!!

Os nenos de primeiro, plantamos FROITOS: tomates, pementos e amorodos. Tamén plantamos acelgas, perexil, e taxetes.

MIRADE COMO ESTABA O NOSO HORTO SEN NADA E QUE BEN NOS ESTÁ QUEDANDO.

 

 

 

VISITA SALÓN DO LIBRO

 

 

 

 Demos un paseíño polas rúas de Pontevedra. Mirade que galiñas máis bonitiñas atopamos polo camiño.

 Aquí estamos contemplando as augas do río Lérez. 

 

OS ANIMAIS

Aqui están os mais cativos da escola cun entretido programa sobre os animais. Estiveron investigando sobre os tipos de animais e descubriron unha cousa moi curiosa sobre Lúa, a tartaruga que os reis magos lles deixou como mascota. Escoitade!!

 

O NOSO HORTO

Por se fora pouco todo o que facemos neste centro, ocorrreusenos montar un HORTO no patio da nosa escola coa axuda do Concello. Chamamos a un carpinteiro que nos puxo uns tablóns para delimitalo, e como nós todo o facemos ao grande, quedou ENORME!! Tamén trouxeron unhas pedras para facer uns camiños que entre todos fomos levando e colocando no sitio. As nosas mestras, solicitaron unhas xornadas de formación para poder axudarnos e resulta que lles dixeron que a época para plantar era agora, así nos puxemos mans á obra. Dividiron o horto en seis partes, unha para cada nivel, e alá que saimos todos por turnos a plantar os nosos produtos. Non sabemos que sairá do que plantamos, pero... imaxinade por un momento que todo vai para adiante, teremos fresas, leituga, escarola, chirivías (alguén viu unha algunha vez?) patacas, tomates... Nós vámolo coidar con moito cariño...

Prometemos invitar a merendar!!

 

MAXIA VS CIENCIA

Pero como nos gusta a nós o Club de Ciencia e as súas actividades!! Cada sesión nos sorprende mais!! Hoxe, dentro das actividades programadas, visitou centro O MAGO PACO, cun obradoiro metade ciencia, metade maxia. Pasámolo de marabilla e sorprendeunos moitísimo. Aprendimos cousas como a descomposición da luz en sete cores (e nós que pensabamos que era branca...), vimos como viaxaban as ondas do son, e ata nos convertimos nun cable humano!! Incrible, collendonos das mans conseguimos facer que un altofalante funcionara e emitise son!! Por arte de maxia adiviñamos o resultado dunha resta dificilísma e ademáis demos unha volta nunha montaña rusa 3D, superemocionante!

Que nos deparará a vindeira sesión?? Seguro que vai ser alucinante!!

 

CHOCOLATADA + FARIÑADA NO COLE

O día antes do desfile é sempre un dos máis esperados por toda a comunidade educativa. É tradición que a ANPA nos convide a un chocolate ben quentiño con rosca e biscoito na hora do recreo que nos sabe a gloria pois sempre está boísimo e co frío que fai case sempre, imaxinade o ben que senta!! Despois ensaiamos todos xuntos a coreografía que se vai bailar ao día seguinte no desfile e por último, no patio de terra, lemos o testamento do meco e prendémoslle lume. Mentres se queima o meco, vámonos preparando para GRAN BATALLA DE FARIÑA! Cada un de nós leva un saquiño de fariña e tirámonola uns aos outros evitando a cara, deixamos o patio que parece que houbera unha hecatombe!!!

Xa estamos desexando que chegue o ano que ven!!

 

 

 

DESFILE DE ENTROIDO POLAS RÚAS DE SALVATERRA

 

POR FIN DESFILAMOS COS NOSOS TRAXES!!! NON NOS DABA CHEGADO O DÍA!!!

PRIMEIRO, REUNÍMONOS COS DEMAIS COLES, O CRA A LAGOA E O CEIP DE LEIRADO, NA PRAZA DO CONCELLO, E DESPOIS, FOMOS DESFILANDO ATA O PARQUE DA CANUDA.

QUE GUAPOS ÍAMOS!!!!!

UNHA VEZ ALÍ, LIMOS O TESTAMENTO DO MECO E QUEIMÁMOLO (AO MECO), LOGO, A ANPA DEUNOS A MERENDA, QUE ESTABA RIQUÍSIMA!! INCLUSO HOUBO MOITOS QUE QUIXERON REPETIR BOCADILLO E POR ÚLTIMO FIXEMOS A NOSA ACTUACIÓN, QUE NOS SAIU ESPECTACULAR!!

O NOSO LEMA: O CONXURO DE ALXÉN

OS NEN@S DE 1º E 2º DE DIAÑOS

 

 

OS DE 3º E 4º DE CORUXAS.

 

OS NEN@S DE 5º E 6º DE MEIGAS.

 

 

 DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHA PEQUENA RECOPILACIÓN DOS MELLORES MOMENTOS DESE DÍA. O ANO QUE VEN, MAIS!!

 
Distribuir contido