Primeiro

FELIZ 2020

Desde o CEP Carlos Casares desexámosvos un feliz fin de ano e un próspero ano novo; cheo de aprendizaxes, moita ledicia e momentos inesquecibles dos que deixan pegada!

 Imaxe creada por BiZkettE1 -www.freepik.es

FELIZ 2020!

FESTIVAL DO NADAL

Boa tarde!

Hoxe traémosvos un pequeno resumo das actuacións do Festival de Nadal e máis abaixo deixamos uns enlaces para as persoas interesadas en visualizar ou descargar as distintas actuacións. 

 

 
Actuacións de 1º ciclo: "Pan de Millo" e "O apalpador".
Actuacións de 2º ciclo: "Eu teño alguén" e "O lago dos cines"
Contacontos: os contiños de 3º
 
 
E... felices festas!

RADIOSALTAMONTES DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS

Desde Radio Saltamontes desexámosvos un Bo Nadal e próspero ano 2020. Desfrutade moito destas datas cos vosos seres queridos e... escoitámosnos á volta!

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares desexámosvos un  Bo Nadal e unhas festas moi felices e deixámosvos unhas recomendacións aproveitando que o Apalpador está á volta da esquina!

 

 

BO NADAL!

O NADAL

Boa tarde!

Aproxímase o Nadal e con el as celebracións no CEP Carlos Casares. E con tal motivo, e coa axuda da ANPA, xa temos a escola vestida coas súas mellores galas. Podedes ver as fotos con máis detalle en: https://photos.app.goo.gl/jkaWA8GXtj89A2SP9

 

O día de mañá, xoves 19 de decembro, ás 12 horas, terá lugar o festival que porá o punto e final a este trimestre, e contaremos coas seguintes actuacións:

 

Teatro "Sobremesas sobre versos" (3º ciclo).

Canción "Pan de Millo" (1º ciclo).

Canción "Eu teño alguén" (2º ciclo).

Canción "O Apalpador" (1º ciclo).

Canción "O Ghai-Ghai" (3º ciclo).

 Baile "O lago dos cisnes" (2º ciclo). 

Actuación sorpresa. 

 

E xa para despedir a semana, o venres 20, teremos a visita do Apalpador, do  e da amiga invisible e dos Reis Magos de Oriente.

 

Aproveitamos para desexarvos desde aquí unhas moi felices festas e agradecervos o traballo e a colaboración ao longo deste trimestre!

 

 

Bo Nadal

PASAGALEGO

Bo día! O pasado 22 de novembro, o alumnado de 1º curso estreámonos en Radio Saltamontes, nunha cita que esperábamos con moitísima ilusión! Sorriso

 

Para tal ansiada data preparamos con moito cariño un programa moi divertido que porá a proba todo o voso coñecemento sobre a gastronomía galega. O programa chámase Pasagalego, sóavos familiar? Escoitade con moita atención para non perder pista sobre as palabras que se agochan tras cada definición!

 

Boa escoita!

25N

O 25N no CEP Carlos Casares sumámonos ás concentracións que tiveron lugar ao longo de todo o mundo en contra daviolencia de xénero. E non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que recordar a todas e cada unha das mulleres que no que levamos de ano perderon a vida a mans das súas parellas ou ex-parellas. 

 

Así, como sinal de dó e en memoria de todas elas e tantas outras, todo o alumnado e claustro gardamos un minuto de silencio fronte ao mural que elaborou a mestra Susana cos e coas alumnas de 2º ciclo, e que pretende visibilizar a cadaunha das vítimas.

 

Consideramos tamén moi necesario recordar desde aquí, que a actual lei española, a Lei Orgánica 1/2004,contabiliza como vítimas de violencia de xénero aquelas mortes perpetuadas por agresores que gardan un vínculo de afectividade coa vítima, polo que moitas das mulleres vítimas de violencia machista non entrarían dentro das estatísticas de violencia de xénero, e por tanto non teñen nome nin rostro. 

 

Por todas elas e por unha sociedade máis igualitaria, desexamos con arela que nin unha máis, nin unha menos.

Álbum: Curso 19-20 -> 25N

COCO-ALXÉN

O pasado venres, como xa sabedes, celebramos o noso preciado Coco-Alxén. Nesta edición, o alumnado traballou

moitísimo, e o resultado foron unhas estupendas cabazas a mar de orixinais, con todo luxo de detalle. Así, o noso

centro engalanouse con cocos terroríficos, cocos aventureiros, outros máis adorables... Pero sen dúbida os cocos

estrela da xornada foron os cocos baseados no noso proxecto anual: o comedor, obxecto do noso premio especial, o

máis desexado!

 

E por toda esta adicación, o xurado de Coco-Alxén decidiu invocar ao Coco Supremo que ditou repartir agasallados

entre todos e toda as participantes para agradecer a súa implicación. Logo dunhas cantas ofrendas e rituais do máis

variopinto, o Gran Coco seleccionou aos cocos premiados que pasaron a formar parte do mostrador laureado que se

exhibe na entrada da nosa escola.

 

 

 Deixámosvos unhas fotos de todas as cabazas participantes así como das premiadas:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Noraboa aos e ás ganadoras e  a todo o alumnado que participou polo cariño e implicación postos no proxecto!
 
 
Vémonos no próximo Coco-Alxén!
 
Aquí o album con todas as fotos: https://photos.app.goo.gl/Gqnv2QpH2ugASP3z5

O APALPADOR. BRINCA VAI

O alumnado de 1º ciclo estamos preparando unha

actuación para despedir o primeiro trimestre e dárlle

a benvida ao Nadal! Para a ocasión escollemos unha

canción de Brinca Vai sobre un personaxe ben

peculiar: O Apalpador. Deixámosvos a canción

para que teñades algunha pista do que vos agarda...

 

 

 

Tamén vos deixamos a letra por se queredes ensaiar con nós:

 

O tempo do Nadal non se me da nada mal

Sei que vai moito frío pero iso dáme igual

Dáme igual porque me encollo 

Fágome unha pelotiña e arrímome a miña nai 

Góstame esta vida miña

Vai chegar un personaxe 

É moi alto e moi forte 

Seica é o Apalpador, parece que tiven sorte 

Ese home de gran barba

Tiven sorte si señor 

A deixarme xoguetadas vai vir....

 

O apalpadoooooor 

O apalpadoooooor

 

Coa boina ben chantada e moi sucio pantalón 

Os olliños moi brillantes e un sorriso encantador 

Xa me tarda o momento de meterme na camiña 

E que veña o Apalpador a apalparme a barriguiña

Querería velo andar arrimado ao seu bastón

A chaqueta abrochada e lixado de carbón

As fazulas coloradas e moi grandes zapatóns

Carrexando sempre un saco

Aí ven 

 

O apalpadoooooor 

O apalpadoooooor

 

Á primeira luz do día cando acabo de espertar

Facendo pouco ruído xa comezo a buscar

Camiñando paseniño miro en todos os recunchos 

Buscando os agasallos que me agardan nalgún punto

Síntome algo nerviosa xa non podo da emoción

E tamén me entra a risa deixaría, si ou non?

E ao lonxe vexo un vulto corro rápido e veloz 

Atopei os agasallos porque veu 

 

O apalpadoooooor

O apalpadoooooor

 

O MAGOSTO

A pasada semana celebramos o Magosto xunto coas nosas convidadas e convidados procedentes de Cividale del Friuli e Rovinj; e para iso vestimos ao noso centro coas súas mellores galas e… mesmo contamos cunha auténtica vaixela de Sargadelos!

 

O día comezou coa plantación de 3 árbores, unha por cada rexión participante no Proxecto Rush: Friuli, Istria e Galicia; que a partir de agora serán uns habitantes máis no CEP Carlos Casares.

 

E como non podía ser doutro xeito, logo de tanto traballo fumos cargarnos a tope de enerxía cun pequeno almorzo porque aínda nos quedaba por diante unha gran xornada de xogos e moita, moita diversión!

 

Agradecer de novo a Carmo e Manolo polo seu traballo e compaña como cada ano, sen o cal o Magosto non sería o mesmo!

 

Deixámosvos uns enlaces para que poidades descargar as fotos que máis vos gusten:

Plantación de árbores: https://photos.app.goo.gl/UQWCjbvtS173mXWb7

 

Xogos, castañas e salto á fogueira:  https://photos.app.goo.gl/hwCfJrbW6sMjN3Wr5

 

Ata a próxima!

 

 
 
 
Distribuir contido