Primeiro

O LIBRO DE FELICITACIÓN DO ANIVERSARIO

No cole celebramos o noso aniversario cos compañeir@s: traemos unha torta, cantamos o "Parabéns para ti", felicítannos no recreo pola emisora escolar e os compañeir@s da clase fannos entrega dun libriño de dedicatorias  coa portada personalizada!!!

Mirade que feliz estaba Sara co seu libriño !!!

 

QUE LLE GUSTA AOS MEUS COMPAÑEIR@S DE MIN?

Nunca vos fixéstedes esta pregunta? Nós, sí!!! Así que cada un elixiu un folio de cor e escribiu o seu nome. A continuación, fómolos pasando aos nosos compañeir@s  e cada un de nós escribiu o que lle gustaba dos demais.

Saíron cousas sorprendentes!!! Logo, decidimos facer un mural e pegalo na corticeira da nosa clase.

DINÁMICA "O NOBELO DE LA"

 A que a tod@s nos gusta que nos digan cousas positivas? Na clase de 1º fixemos a dinámica "O nobelo de la". A medida que iamos formando un nobelo coa la de cores a nosa autoestima ía subindo por todo o alto. Que ben senta recibir comentarios positivos d@s compañeir@s.

Animámosvos a que a fagades... xa veredes como acabades cun gran sorriso nas vosas caras Risa

DÍA DO LIBRO

 

O 23 de abril foi o día do Libro. O alumnado participou nun concurso de poesía ilustrada organizado pola biblioteca partindo dunha cita do autor homenaxeado nas Letras Galegas, Antón Fraguas. A cita dicía así:

 “Os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer”.

Saíron fermosas poesías e foi moi difícil decidir o/a gañador/a de cada aula.

 

Os gañadores foron:

 Axel Rodríguez Cambra de 1º

 Iria Rodríguez Pazo de 2º

 Iria Fernández Pereira de 3º

 Julia Bernárdez Lago de 4º

 Xian Pérez Cabreira de 5º

 Diego Estévez Rivera de 6º

 

 

 Estas son as poesías de 1º,2º e 3º nivel

 

 

E aqui tedes as de 4º, 5º e 6º nivel

 

 

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

 Como cada ano ao principio do curso, a biblioteca do Carlos Casares abriu as súas portas para todo aquel que a queira visitar. A inauguración foi o día 5 de outubro ás 9:40 na entrada do colexio. Contamos coa colaboración do alumnado de 5º e 6º. Lucía, Lúa e Antía de 6º foron as encargadas de ler o novo pregón, adaptado este ano ao folclore galego e con toques do noso Conxuro da Queimada. O tamborileiro foi Javi de 5º que, a pesares dos nervios, levou o ritmo estupendamente. A partir dese día, todos os nenos e nenas do cole puideron facer uso da nosa biblioteca para consultar información e para coller libros de lectura. Como novidade, tamén se fixo unha ficha de empréstitos para as familias, que poden vir a coller libros nas tardes de luns a xoves en horario de 16:30 a 18:00 e así compartir tempo de lectura cos seus fillos.

 

 

 

Queredes ver o ben que o fixeron os nosos pregoeiros? Deixámosvos o vídeo deste acto de inauguración. 

 

ELABORAMOS AS NORMAS DA BIBLIOTECA

 

A principio de curso, e entre todo o alumnado, elaboráronse as normas da biblioteca. Cada neno/a debuxou e escribiu nun folio ou cartolina a norma que  considerase importante cumplir en calquer biblioteca. Todos os traballos foron expostos nos corredores do cole.  Escolléronse varias delas  para poñer na biblioteca e así recordadarllas aos usuarios.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Hoxe, día 16 de maio celebramos na nosa escola o día das letras galegas cun fermoso festival onde participou todo o alumnado do centro.

Durante estas últimas semanas os nenos e nenas de todos os niveis estiveron preparando, con axuda das súas mestras, as súas actuacións. E por fin chegou o día do estreno. Ás 11 da mañá daba comezo o festival. Se volo perdestes, aqui vos deixamos unha pequena mostra para poñervos os dentes longos e que o vindeiro ano veñades a vernos!!!

 

CLUB DE CIENCIA 15 DE MAIO

Nesta nova edición do club de ciencia fixemos cousa moi divertidas e espectaculares. Primeiro, fixemos "camiñar" a auga, vos sabiades que a auga camiña? Nós non tiñamos nin idea, para iso collimos sete vasos e enchimos de auga 3 deles, os que ocupaban as posicións impares e botámoslles colorante alimentario vermello, azul e amarelo, os unimos mediante anacos de papel e deixamos que estes anacos se empaparan de auga, mirade o vídeo para ver que pasou.

Despois, houbo que mover unha taza de porcelana cun globo, pero sen usar as mans, que responsabilidade, non podiamos romper as tazas!! eran as do almorzo das nosas mestras, que farían despois!!

E por último tivemos que inflar un globo sen soplar, como credes que o fixemos? Pois usando vinagre e bicarbonato nunha botella que tapamos co globo, e ao xuntarse estas dúas substancias desprenden un gas que ocupa espazo, pero como non ten para onde ir métese dentro do globo e o infla.

Que nos terán preparado na vindeira sesión? Descubrirémolo proximamente...

 

 

MARTES SEN BALÓN

Durante os recreos dos martes dos meses de febreiro e marzo o alumnado fai diferentes xogos no tempo do recreo no que o balón desaparece.

A finalidade da actividade é que todos os nenos/as do centro xoguen sen conflitos, nun ambiente tranquilo e de axuda mutua.

Facer este tipo de xogos descende a conflitividade do patio e crea situacións que favorecen novas relacións de amizade.

 

 

COMPOSTAXE, CLUB DE CIENCIA 9 DE ABRIL

O pasado 9 de abril viñeron de Revitaliza Compostaxe a dar unha charla sobre compostaxe, que nos viu moi ben para saber como podemos poñer en marcha o noso composteiro. Como ao alumnado mais pequeno a charla se lles facía moito, trouxeron "O XOGO DA MIÑOCA",  unha versión do xogo da oca para aprender moitas cousas sobre o tema da charla.

 

 

Distribuir contido