Quinto

Sexto

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

 Como cada ano ao principio do curso, a biblioteca do Carlos Casares abriu as súas portas para todo aquel que a queira visitar. A inauguración foi o día 5 de outubro ás 9:40 na entrada do colexio. Contamos coa colaboración do alumnado de 5º e 6º. Lucía, Lúa e Antía de 6º foron as encargadas de ler o novo pregón, adaptado este ano ao folclore galego e con toques do noso Conxuro da Queimada. O tamborileiro foi Javi de 5º que, a pesares dos nervios, levou o ritmo estupendamente. A partir dese día, todos os nenos e nenas do cole puideron facer uso da nosa biblioteca para consultar información e para coller libros de lectura. Como novidade, tamén se fixo unha ficha de empréstitos para as familias, que poden vir a coller libros nas tardes de luns a xoves en horario de 16:30 a 18:00 e así compartir tempo de lectura cos seus fillos.

 

 

 

Queredes ver o ben que o fixeron os nosos pregoeiros? Deixámosvos o vídeo deste acto de inauguración.