Como sabedes, o pasado mes, visitáronnos á escola o querido Apalpador e os Reis Magos de Oriente. Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo así como as cartas que o nos nenos e nenas tivemos a oportunidade de lerlle as súas maxestades (ordenadas de 1º a 6º curso).
Desde o CEP Carlos Casares desexámosvos un feliz fin de ano e un próspero ano novo; cheo de aprendizaxes, moita ledicia e momentos inesquecibles dos que deixan pegada!
Hoxe traémosvos un pequeno resumo das actuacións do Festival de Nadal e máis abaixo deixamos uns enlaces para as persoas interesadas en visualizar ou descargar as distintas actuacións.
Ao longo do que levamos de curso fomos decorando anosa corticeira cos distintos traballos que realizamos nos obradoiros. Así, aproveitamos para realizar manteis para tomar o pequeno almorzo (a través de técnicas como o collage e a pintura); botes con area de cor que aportan moita alegría nestes días tan grises; paraugas de papel, que de seguro nos serán de grande utilidade durante estas semanas chuviosas, e diferentes animaliños que nos acompañan todos os días, empregando as follas que nos regala o outono. Todo isto acompañado dunha das nosas manualidades preferidas... os mandalas!