Skip to Content

Blog da biblioteca

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Chegaron as tan merecidas vacacións despois dun curso de moito traballo e aprendizaxes. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de libros e xogos para gozar do verán. Escollede as que máis vos interesen sen peder o fermoso hábito da lectura. BOAS VACACIÓNS A TODOS/AS!!!

 

 

 

 

O LIBRO VIAXEIRO DO SALUSTIANO

Que non sabedes quen é Salustiano? Pois ide ao apartado adicado a programación da radio escolar e escoitade o programiña de 1º nivel.

Salustiano é un pitiño amarelo moi amigo dos máis pequenos da escola, que quixo ir de visita a todas as casas e coñecer a todas as familias. 

Todas as actividades que fixo nas casas dos nenos, están recollidas neste libriño. Salustiano foi moi feliz este ano, fixo unha morea de cousas e aprendeu moitísimo!! Mirade.

NÉBOA 2024

Xa temos novo exemplar da revista Néboa. Aqui vos queda para que poidades botarlle unha ollada.

MURAL NA ESCOLA

Xa temos novo mural na escola!! Levounos moito traballiño, pero xa está por fin rematado o mural que decorará a parede do pavillón e que, esperamos sexa o primeiro de moitos. Para comezar fixemos unha ilustración que tivera algo que ver co proxecto da escola, "Lerias e enredos doutro tempo", que vos parece, gústavos?

OBRADOIRO DE CAIXAS CO PLOTTER

 O venres 7 de xuño foi a Xornada de portas abertas para o alumnado de Infantil. Foi un día moi emotivo no que tiveron a oportunidade de coñecer o cole e aos futuros compañeiros. Gozaron dunha xornada de xogos populares guiada polo alumnado de 5º e dun contacontos interpretado polo alumnado de 6º. O alumnado de 2º foi o encargado de confeccionar as caixas  personalizadas para os agasallos co Plotter. 

 

 

"VIOLETA ÁS AGACHADAS" EN FAMILIA

O alumnado de 1º leu “Violeta ás agachadas” de Ramón D.Veiga, autor que visitou o noso centro no mes de abril. Despois recrearon o seu propio libro coa axuda das familias e a mestra Eva. Mirade que chulada!!!!

 

 

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

O xoves 25 de abril visitou o noso centro Ramón D. Veiga. Os nen@s do primeiro ciclo leron dous libros del: os de primeiro leron “Violeta ás agachadas” e os de  segundo escolleron “A miñoca e o coello”.

Foi un día marabilloso no que os nen@s fixeron o seu nome con miñocas. Ramón tamén nos falou de Violeta, a súa filla, xa que  moitos dos seus libros están inspirados nas súas vivenzas.  

Pasádevos pola nosa galería de fotos.

PAULA CARBALLEIRA ACEPTA SER A MADRIÑA DA CLASE DE 5º

 

O 8 de maio foi un día moi especial no CEP Carlos Casares xa que contamos coa visita de PAULA CARBALLEIRA a escritora de “13 avisos”, o libro que lemos en 3º, 4º, 5º e 6º.

Paula contounos unha historia sobre como asustaba aos seus irmáns cando eran pequenos. Facíao tan ben e era tan expresiva que non podiamos para de rir. Que ben o pasamos!

Despois de compartir a mañá con Paula Carballeira podemos definila como unha persoa moi simpática, amable e cercana. A súa maneira de contar historias é única.

Clicade aquí para ver o álbum de fotos dese día.

 

LIBRO VIAXEIRO LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO

O noso alumnado de 2º, tomouse moi en serio a investigación sobre o noso proxecto anual de centro. A estas alturas de curso, estamos seguros de que todos sabedes cal é, pero por si hai algún despistado ou despistada é...LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO!!!.

Sabedes a que se adicaron durante o curso estes nenos e nenas? Pois a investigar, pregunta e indagar coa axuda dos seus familiares sobre como enredaban os seus pais, nais, avós ou avoas cando eran pequenos. Recolleron toda esa información en forma de libro e, hai que recoñecelo, quedoulles ben chulo. Aquí volo deixamos para que o comprobedes por vós mesmos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut