Skip to Content

Maio 2020

  1. RECOMENDAMOS 8

     

    Bo día nenos e nenas!! Que tal estades? Esta semana propoñémosvos  entre outras cousas , a visita Virtual ao Museo Nacional del Prado para nenos. Pasarédelo xenial coñecendo historias, anécdotas e curiosidades da man da Infanta Margarita e o Infante Francisco de Paula.

     

    https://www.agendamenuda.es/planes-en-casa/recursos-en-la-cuarentena/2091-visita-online-al-museo-del-prado-para-ninos

     

    Esta semana semana podemos visualizar gratis

    "A DAMA E OVAGABUNDO, MUSICAL".  TES ATA O  VENRES 29 DE MAIO.Colle as palomitas e pincha na seguinte ligazón.

     https://www.agendamenuda.es/todos-los-eventos/eventodetalle/83659/-/la-dama-y-el-vagabundo-el-musical

     

    http://www.icarm.es/servlet/s.Sl?METHOD=DETALLEMEDIATECACREA&screa=2&mId=16009

     

    Aquí vos deixamos tamén, un enlace á web de Adela Leiro Lois, mestra xubilada, especialista nas áreas de ciencias da natureza e expresión plástica. Nesta web recolle o seu traballo de case corenta anos que pon á disposición de todos. Podemos atopar powerponit para aprender sobre a clasificación dos animais, sobre as plantas, a vaca, o cabalo, o can… Podemos coñecer  espazos naturais como o Courel… e incluso nos achega un fantástico repertorio de contos: Contos da Rata Luisa, O Morcego Roque…adiviñas de animais, plantas…   

     

    http://www.adelaleiro.com/index.aspx

     

     A ditorial Pintar-Pintar ofrece libros infantiles ilustrados en papel e, para pasar a corentena puxo a disposición dos lectores un catálogo (en colaboración cós autores) con diversos exemplares para disfrutar de manera gratuita en formato dixital. Ademais, tamén promoveu unha iniciativa na que os máis pequenos poden participar: poden facer un debuxo para mandar a editorial e aos autores do libro que máis lles gustou (e que logo publican a través das súass redes sociais). PREME ONDE PON CATÁLOGO  NA IMAXE. 

     

     

    PINCHANDO NA IMAXE PODEMOS ACCEDER A DIVERSAS LECTURAS EN INGLÉS.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

  2. RECOMENDAMOS 7

    Bo día nenos e nenas!!!! Espero que esteades ben e que tiverades un feliz día das letras galegas. Aquí vos deixamos máis recomendacións de lectura e obradoiros.

     

    OLLA O PAPAGAIO

    Aquí podes ler algúns números do xornal en formato dixital. Preme sobre a imaxe.

     

     

    MUY INTERESANTE JUNIOR. PREME NA IMAXE E ACCEDE PARA LER VARIOS EXEMPLARES.

     

     PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A LECTURA.

     

                 

                          

    UNAWE, explora o universo

    Páxina do CSIC con actividades, adiviñas, animación
    artículos, astronomía e cultura, contos e poesías, miles de fotografías,xogos, links interesantes, simulacións interactivas e videos

     PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES.

     

    ACCEDE A UNAWE AQUÍ ONDE PODES ACCEDER A LIBROS E RECURSOS EN VARIOS IDIOMAS, ENTRE ELES O GALEGO. OS SEGUINTES LIBROS QUE OFRECEMOS SON DESTA PÁXINA.

     

     

     

    Este libro é unha guía práctica para comezarmos a recoñecer as principais constelacións e localizarmos algunhas das estrelas máis características do noso ceo.

     

    Tamén vos deixamos un vídeo para aprender o uso das maiúsculas que ainda que pon 1º da ESO é interesante para 3º,4º, 5º e 6º . Páxina  interesante que podedes visitar paneduca.org.

     Os Bolechas celebran as Letras Galegas con estes vídeos patrocinados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se basean na colección de libros "As miñas primeiras Letras Galegas" e que abordan a vida e a obra de diferentes persoeiros a quen a Real Academia Galega lles dedicou o 17 de maio.

     

    DENDE O MUSEO DA HISTORIA NATURAL DE SANTIAGO OFRÉCENNOS OBRADOIROS ONDE APRENDER E REALIZAR DIFERENTES ACTIVIDADES SOBRE DIFERENTES TEMAS. Premendo na imaxe , na parte superior podes acceder ao museo, exposicións, coleccións...

     

     

     

    Actividade 1 - Os caracois (PDF)

    Actividade 2 - Plastilina biodegradable (PDF)

    Actividade 3 - A mazá reveladora de sucidade (PDF)

    Actividade 4 - Pintura de mans biodegradable (PDF)

    Actividade 5 - Unha pegada única resolverá o enigma (PDF)

    Actividade 6 - Rastreando a natureza: ti de quen vés sendo? (PDF)

    Actividade 7 - Tres en raia (PDF)

    Actividade 8 - Vela infinita (PDF)

    Actividade 9 - O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán (PDF)

    Actividade 10 - O problema do desxeo (PDF)

    Actividade 11 - Plantas e natureza: o coidado nas túas mans (PDF)

    Actividade 12 - As miñocas e o seu papel no solo (PDF)

  3. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

     
    As alumnas e alumnos de 5º de primaria quixeron rendir homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero dunha forma moi especial. Esperamos que vos guste.
     
    Moitísimas grazas a super-colaboración da artista do noso cole no referido a TICS, a profe Sabela!!!!Guiño
     
  4. Reflexión en tempos de covid-19

    Boa fin de semana!

    Desde a biblioteca escolar queremos compartir coas familias unha reflexión que vén de publicar a editorial Errata Naturae sobre a industria do libro e o seu funcionamento, especialmente nos tempos que corren.

     

    Esperamos que vos resulte igual de interesante que a nós e desexámoslle longa vida as nosas letras, os nosos libros e as nosas librarías!

     

  5. As pitas baixo a choiva

    Bo día a tod@s!!

    Hoxe témosvos unha sorpresa moi especial que creo que vos vai encantar! Con motivo do Día das Letras Galegas íamos  preparar unha actuación pero como non foi posible, dende primeiro curso imos facerlle unha pequena homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.


    Lembradesvos dos debuxos que fixestes do conto "As pitas baixo a choiva"? Pois quedaron todos espectaculares, abofé que si! Foi moi doado facer esta pequena montaxe con semellantes obras de arte. 

    Espero que desfrutedes moito véndoa! Grazas tamén a mestra Sabela que ideou canda min esta sorpresa e axudou a darlle forma. Que vivan as nosas letras galegas!

     

    Apertas, Estefanía e Sabela.

  6. MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

    Bo día nenos e nenas!!! Xa estamos no mes de maio, e o próximo día 17 é o Día das Letras Galegas dedicado este ano a RICARDO CARBALLO CALERO. Aquí vos deixamos algúns enlaces para que poidades coñecer cousiñas acerca deste autor.

     

     

     LIGAZÓNS:

     REAL ACADEMIA GALEGA

    PRIMAVERA DAS LETRAS

    PORTAL DA LINGUA GALEGA

    SEMINARIO GALÁN

     

     

     

     

     

     

    Ricardo Carballo Calero

    Homenaxeado   Ano 2020

    Categoría: Escritor.

    Lugar de Nacemento: Ferrol.

    Data de Nacemento: 30 de outubro de 1910.

    Data de Falecemento: † 25 de marzo de 1990

    OBRA  RICARDO CARVALLO CALERO:

    POESÍA:

    As súas primeiras publicacións foron de poesía con obras como: Vieiros (1931), O silenzo axionallado (1934), Anxo da terra (1950), Poemas pendurados dun cabelo (1952), Salterio de Fingoy (1961).

    A partir de 1961 ata 1980 publica unha serie de poemas agrupados en tres partes: Excalibur, Venusberg e Avalon. Entre 1980 e 1985 escribe Cantigas de amiga e outros poemas. 

    TEATRO:

    Carballo Calero amosou tamén interese por este xénero publicando algunhas pezas que en ocasións chegaron a ser representadas. Antes da Guerra Civil compuxo O fillo e en 1945 Isabel. A partir de aquí escribiu obras como A sombra de Orfeo, A farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro e Os xefes.

    NARRATIVA:

    A súa obra en prosa está recollida no volume Narrativa completa que contén obras como a novela A xente da Barreira e narracións cortas como Os señores da Pena, O lar de Clara, As pitas baixo a chuvia, Os tumbos, A cegoña e Aos amores serodios. Tamén escribiu Scórpio que pode ser considerada a súa obra mestra.

    Carballo Calero tamén aportou á nosa cultura obras de tipo filolóxico como Sete poemas galegos (1955), Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955), Breviario antológico de literatura gallega contemporánea (1966), Sobre lingua e Literatura galega (1971), Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (1972), Gramática elemental del gallego común (1974) e Historia de la Literatura Gallega contemporánea (1975).

     LEMOS POEMAS :ESCOLMA POÉTICA DE RICARDO CARBALLO CALERO. 

    FRASES E CITAS DE RICARDO CARBALLO CALERO.

    Na seguinte ligazón podedes escoitar numerosos textos do autor musicados por diversos grupos galegos no ano 2010 para conmemorar o centenario do seu nacemento:

    https://a.gal/musicando-carvalho-calero-2010/

    Tamén podes baixalas na seguinte ligazón:

     

    https://a.gal/baixar-musicas-carvalho-calero-2010/

    - Colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en

    https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html

     

    Xogos de fuga para o alumnado/escape room

    -O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa) 

    -Letras Galegas 2 020. Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) 

    -Xogo Letras galegas 2 020: Carvalho Calero da profesora Patricia Sánchez Lamas.

    Ligazón á fiestra de Patricia para saber un pouquiño máis.

    O COLEXIO SAN PÍO X (OURENSE) OFRÉCENOS UN VIDEO NO QUE NOS CONTA A VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALLO CALERO E UN XOGO PARA REPASAR ASPECTOS FUNDAMENTAIS DO AUTOR.

     

    O CEP FREI LUÍS DE GRANADA (LUGO) SORPRÉNDENOS CUNHA CANCIÓN.

     

     A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en:

    https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html

     

     PROPOSTA ACTIVIDADES:

    Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña.

    Carvalho Calero para o ensino primario. Formato PDF. 1 MB

    EXPOSICIÓN DAS LETRAS: RICARDO CARBALLO CALERO

    CUESTIONARIO SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO.

    POWERPOINT E UD SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO.

    UNIDADES DIDÁCTICAS POR CURSOS:

    UD 1º

    UD 2º

    UD 3º

    UD 4º

    UD 5º

    UD 6º

     PREME NA IMAXE PARA LER ESTE LIBRO EN FORMATO ISSU:

    ACTIVIDADES INTERACTIVAS: 

    AS PITAS BAIXO A CHUVIA.

     

    PREME NA IMAXE  PARA LER EN PDF

     

    PREMENDO NA IMAXE PODEMOS ACCEDER AO CONTO, Á MÚSICA E A UNHA UNIDADE DIDÁCTICA DO CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA.

     

     

    PREME NA IMAXE PARA  LER O LIBRO DOS BOLECHAS:

     

    Premendo na imaxe podedes acceder a LETRAS PARA CONTAR UN PAÍS .



by Dr. Radut