O día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas a nivel mundial. Neste ano, queremos recordar a figura de Quino, que faleceu recentemente, o 30 de setembro, aos 88 anos. Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido como Quino naceu en Arxentina, sendo fillo de españois (Málaga). Quino foi humorista gráfico (debuxante) e historista. A súa obra máis coñecida é a tira cómica Mafalda publicada entre 1964 e 1973. As aventuras de Mafalda seguiron reeditándose en diarios e revistas percorrendo o mundo e as distintas xeracións. Quino deixounos grandes frases postas en boca dunha nena que non tiña pelos na lingua. Coñecedes a Mafalda?
O personaxe de Mafalda foi creado por Quino para unha campaña de publicidade de electrodomésticos, que non se chegou a publicar. A través desta personaxe Quino expresou as súas reflexións sobre a vida, os poderosos e a liberdade. Mafalda é unha nena cercana, que se preocupa pola pola política mundial e ten un amigo, Manolito, que está obsesionado co diñeiro.
Mafalda, xunto cos seus inseparables compañeiros (un globo terráqueo co que mantén curiosos diálogos e un transistor, no que escoita aos Beatles), servíronlle a Quino para mostrarnos como vía el o mundo e como pensaba que debería ser en realidade ese mundo.
Aquí vos deixamos algunas das historietas :
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE E DESPOIS NOS LIBROS PODEDES LER OS LIBROS COMPLETOS DE MAFALDA: