SAMAÍN
Achégase o Samaín, festividade de orixe celta que celebraba o fin da tempada de colleitas. Era considerada como o ano novo celta. Esta festividade marca o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. O Samaín en Galiza, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co Magosto. A súa recuperación e promoción comezou en 1990, en Cedeira, estendéndose por Galilza con actividades que involucran ás escolas e asociacións culturais. Durante esta época do ano tállanse cabazas que son deixadas nos camiños para asustar aos viandantes.
Para celebrar o samaín deixámosvos dous contos :
A BRUXA REGAÑADENTES. CONTO
A BRUXA REGAÑADENTES. PELI
CORRE, CORRE CABAZIÑA, EVA MEJUTO