FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. LETRAS GALEGAS 2022
Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutros países.
Se queredes saber máis sobre este autor ao que se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022, aquí tedes un montón de xogos e enlaces. DESFRUTADE!
REAL ACADEMIA GALEGA
VÍDEOS PARA APRENDER SOBRE FLORENCIO
Florencio Delgado. Letras Galegas 2022
Héctor Cajaraville fala de Florencio
VIDA E OBRA DE FLORENCIO. COLEXIO SAN PÍO X (OURENSE)
APRENDO XOGANDO
Sobre o día das letras galegas
Xogo de Ganially que no achega Pilar Ponte onde podes descubrir canto sabes de Florencio, da súa vida, da súa obra e do importante papel que tivo na época que lle tocou vivir.
Para atinarnos coas respostas axeitadas sobre as Letra Galegas e o homenaxeado deste 2022, hai que andar ben espelido neste videoxogo creado polo EDLG Ghafos do CEP Campolongo. Probade a disparar e veredes.
O EDLG do CEP Campolongo achéganos un xogo de parellas sobre os personaxes aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas, incluído xa o deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.
O Seminario Galán ofrécenos "O libro de lapelas de Florencio Delgado" con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos...
APRENDO XOGANDO: POEMAS
PARA IMPRIMIR EN PAPEL
UNIDADES DIDÁCTICAS EN PDF