Skip to Content

REVISTA NÉBOA

Chegamos ao final deste curso. Un curso diferente e atípico no que todos: familias, nenos, nenas e mestras, tivemos que adaptarnos ás novas circunstancias. Moitas grazas familias, por todo o voso esforzo e comprensión ao longo destes difíciles e complicados meses axudando aos vosos fillos e fillas coas tarefas escolares.Esperamos que o próximo curso sexa diferente.

Aquí vos deixamos a esperada revista Néboa, na que todos colaboramos con moito agarimo e que este ano, polas cinscunstancias excepcionais nas que nos vimos inmersos, tivo que ser en formato dixital. Unha revista que, coma todos os anos, resultou ampla. Nada máis e nada menos que 163 páxinas de artigos, que os nosos nenos e nenas elaboraron coas súas mestras, motivo polo que vai en dúas partes. Moitas grazas tamén a vós,  nenos e nenas que traballástedes arreo mandando as tarefas e facendo que a revista Néboa, que durante moitos anos foi coordinada pola nosa compañeira Pilar, un ano máis se publique. Dicirvos que tedes máis que merecidas estas vacacións. Unha forte aperta a todos e todas de todas as mestras do cole. Coidádevos moito e non esquezades ler cada día un pouquiño. Que teñades un bo e feliz verán!!!!

 

 

AdxuntoTamaño
1º PARTE REVISTA NÉBOA.pdf79.25 MB
2º PARTE NÉBOA. PÁX. 83-163.pdf38.63 MB


page | by Dr. Radut