Skip to Content

Maio 2022

  1. NÉBOA 2022

    Extra! Extra!! Xa está aquí!! Xa chegou!! A tan esperada e ansiada por toda a nosa comunidade escolar, REVISTA NÉBOA 2022!!!

    Esta curso, como poderedes comprobar, hai novidades, está impresa a toda cor!!! Se xa antes era bonita agora é preciosísima!!!

    Ven cargadiña de historias, historias de antigos/as alumn@s, resumos de saídas, traballos, obradoiros... Non deixedes de botarlle un ollo, ao mellor hai alguna historia sobre vós...

    Clicade nos arquivos adxuntos para visualizala.

                

  2. A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

    Como o proxecto de centro deste curso é sobre a auga e cousas relacionadas con ela, pontes, fervenzas, muíños... o alumnado de valores do 3º nivel fixo un traballo de investigación sobre todo ese tema. Buscaron adiviñas, refráns e cantigas que tiveran como tema principal a auga e ademáis deseñaron un pequeno dicionario de imaxes coas súas correspondentes definicións. se vos apetece, poderedes consultalo na biblioteca do centro.

  3. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. LETRAS GALEGAS 2022

    Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutros países.

    Se queredes saber máis sobre este autor ao que se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022, aquí tedes un montón de xogos e enlaces. DESFRUTADE!

    REAL ACADEMIA GALEGA

    RAG 1

    RAG 2 BIOGRAFÍA

    VÍDEOS PARA APRENDER SOBRE FLORENCIO

    Florencio Delgado. Letras Galegas 2022

    Héctor Cajaraville fala de Florencio

    VIDA E OBRA DE FLORENCIO. COLEXIO SAN PÍO X (OURENSE)

    APRENDO XOGANDO

    Sobre o día das letras galegas

    Xogo de Ganially que no achega Pilar Ponte onde podes descubrir canto sabes de Florencio, da súa vida, da súa obra e do importante papel que tivo na época que lle tocou vivir.

    Xogo

    AS AVENTURAS DE FLORENCIO

    Para atinarnos coas respostas axeitadas sobre as Letra Galegas e o homenaxeado deste 2022, hai que andar ben espelido neste videoxogo creado polo EDLG Ghafos do CEP Campolongo. Probade a disparar e veredes.

    O EDLG do CEP Campolongo achéganos un xogo de parellas sobre os personaxes aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas, incluído xa o deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.

    O Seminario Galán ofrécenos "O libro de lapelas de Florencio Delgado" con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos...

    APRENDO XOGANDO: POEMAS 

    A Caldeira

    A Pandeirada

    Os trintas

    PARA IMPRIMIR EN PAPEL

    UNIDADES DIDÁCTICAS EN PDF

    1. UD 1
    2. UD 2
    3. UD 3
    4. UD 4
    5. UD 5
    6. UD 6

    MARCAPÁXINAS

    BIBLIOGRAFÍA

    DÍPTICO

    POEMAS

    CUESTIONARIO

  4. VISITA AUTORES

    Por fin, despois de dous anos de parón por mor das medidas COVID do centro, volven as visitas ao centro de escritores galegos.

    Tocoulle o turno a Érica Esmorís para 2º e 3º ciclo e ao Hematocrítico para 1º ciclo.

    Cada nivel lle pediu aos Reis Magos un libro do escritor correspondente e realizou traballos plásticos para decorar o salón de actos o día da súa visita.

    Clicade aqui para ir á nosa galería de fotos dese día.



by Dr. Radut