Skip to Content

.

                    Benvidos e benvidas                                    

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Prema nos seguintes enlaces para obter información e a normativa que o ampara.

Circular familias

Normativa reguladora

Autorizacións para entregar. Curso 2024/2025

As familias entregarán aos/ás titores/titoras estes documentos debidamente cubertos e asinados o primeiro día de clase 11/09/24 ao subir ás aulas.

 

Autorización de imaxe

Autorización de saída

Autorización recollida centro

Autorización recollida transporte

Autorización de transporte

Revista San Martiño 2024

Xa está dispoñible un novo número da revista San Martiño!!!

Desexamos que vos guste

 

Festival das Letra Galegas

Este ano celebramos de novo as nosas Letras co alumnado.
Entre todos fixemos un mural formato cómic coa vida e a obra de Luísa Villalta e o alumnado de infantil retratou a autora cos seus maravillosos debuxos.
O alumnado de 3º e 4º de primaria do noso colexio participou nun “Festival das Letras Galegas”.
Dende recitado de poesía de Luisa Villalta, a súa biografía musicada, a música galega, baile, teatro…
Espero que disfrutedes do vídeo .
Non poderíamos ter un mellor público!.
Que vivan as nosas Letras!!!

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Orde da convocatoria

Anexo I e II

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

A solicitude será única para todos os fillos/as e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II
  • Copia do libro de familia onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

 

17 de maio, Día das Letras Galegas

Feliz Día das Letras Galegas 

 

 

 

 

 

 

Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

Luísa Villalta Gómez naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe, en pleno corazón do barrio do Gurugú.

Despois de pasar polas aulas do colexio das Xosefinas e do Instituto Nacional Feminino, actual IES Eusebio da Guarda, acadou a licenciatura de Filoloxía Hispánica, na Subsección de Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como profesora de Lingua e Literatura Galega nos institutos coruñeses Xosé Neira Vilas, de Perillo-Oleiros, Canido-Ferrol e Isaac Díaz Pardo, de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.

Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.

Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos, e foi soterrada no cemiterio de Santo Amaro.

A Real Academia Galega, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2023, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega.

Actividades do Seminario Galán

Máis recursos

 

Día do libro 2024

Con motivo do día do libro o alumnado do cole gravou uns Booktrailers dos seus libros favoritos para recomendarvos a súa lectura e animarvos a ler.
Boa lectura!

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 2024-2025

O prazo de presentación de solicitude comeza o 8 de maio e remata o 13 de setembro.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

A partir do 1 de marzo comeza o proceso de admisión do alumnado para o curso escolar 2024-2025. Toda a información premendo na seguinte ligazón

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Distribuir contido


by Dr. Radut