Skip to Content

Laboratorio TIC e Robótica

día de rosalíaNa entrada do colexio temos unha exposición que vai medrando cada día: 
As rapazas e rapaces de E. Infantil expuxeron carteis onde demostraron as súas dotes plásticas e creativas.

En primaria, crearon cómics e ilustraron poemas inspirándose nas obras da autora.
Nas clases de robótica, alumnas/os de 6º, deseñaron unha infografía robótica --> Rosalía ReBOTada.
Na infografía aparecen os datos máis significativos da biografía e obras da poeta cun circuíto, para os mBots, cos lugares onde viviu. Cada robot portaba unha pancarta con mensaxes que xurdiron da lectura dos versos de Rosalía e asociados a situacións de inxustizas sociais que afectan as mulleres. #LibreOMeuPensamento_rdc_19 (AELG)
Programamos un piano virtual, para tocar cos robots cancións dedicadas a Rosalía como "Adios ríos, adios fontes" e "Parabéns para ti"

A celebración continúa, xa que acordamos desenvolver esta data conxuntamente co #8M día Internacional da Muller. Unirémonos á proposta da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!" participando nunha mani-FESTA-acción con pancartas elaboradas en cadansúa clase que reivindiquen os dereitos das mulleres ou que denuncien a inxustiza social que seguen a sufrir en pleno século XXI

Ver vídeo da actividade: Rosalía, unha feminista do S. XIX

Facemos un recoñecemento rápido das distintas pezas para identificalas e ser capaces de seguir as instrucións do manual de montaxe. 

Unha vez montado explicamos o funcionamento de cada sensor para entender mellor as súas posibilidades.

montaxe mBot 

 

PROGRAMACIÓN NAS ESCOLAS

Coñecedes o programa SCRATCH? O seu nome vén de mestura e é unha linguaxe de programación sinxela, diseñada polo Media Lab do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e permite a creación de proxectos mediante unha interface moi atractiva e intuitiva na que se van animando personaxes ou obxectos por medio de bloques.
É un recurso educativo que esperta a curiodosidade, fomenta a creatividade e anima aos rapaces/zas a expresarse, descubrindo e aprendendo cousas novas á vez que desenvolven a lóxica computacional a  través da reflexión. 
 
 
Podes descargalo e instalalo no teu ordenador ou  executalo dende  o navegador. Rexístrate e xa podes crear e gardar os teus proxectos na nube.
 curso
Comezamos un curso de dez horas onde crearemos animacións interactivas, videoxogos ou simulacións.  O curso está impartido por Rodrigo, un especialista do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) que nos guiará na adquisición de novas habilidades que nos permitan familiarizarnos coa programación dunha forma clara e interactiva. 
 
 
No camiño de converternos en enxeñeiros/as, en técnicos/as superiores en programación, automática ou robótica, do futuro!
Os nosos Proxectos con Scratch 
  

logoA semana da programación da Unión Europea CODEWEEK.EU celébrase do 16 ao 21 de outubro de 2018, pero este ano a Comisión Europea extendeu a posibilidade de participar ata o mes de decembro.

Está patrocinada polo Ministerio e a Unión Europea co obxectivo de achegar a programación e o alfabetismo dixital de forma divertida.

Por todo isto nos animamos a crear un evento no noso cole.

MAPA EVENTOS

 

Propoñemos o seguinte reto: 

Música robótica, actividade deseñada dentro do Proxecto da Biblioteca Viaxamos a Italia.

Programa o mBot para que interprete a base musical da canción popular italiana  Bella ciao.

Nivel: 6º de EP

Aquí tedes a partitura:

 

ivan

 

anxo

amanda 

victoria

Pica no programa para ver como soa

bella ciao bloques

A UE anima aos colexios de Galicia a participar na Semana da Programación - gciencia.com

https://codeweek.eu/

Necesitas

* Necesitarás unha pila 1,5  AA

* Un motor dun xoguete

*Un interruptor

* Uns cables

*Rotuladores para as patas

*Unha hélice para o contrapeso, nós empregamos un trozo de barra de cola termofusible.

Mans á obra pequenas enxeñeiras e enxeñeiros

1º Solda a pila o cable e o motor.

2º Termina o circuíto engadindo un interruptor

3º Pega con cola o circuíto na parte superior dun vaso, caixa de plástico, vaso de iogur... Utiliza a imaxinación

4º Toca agora colocarlle as patas-rotuladores, decide o número marca e pégaos coa cola termofusible.

5º Decora o teu robot. Tunéao e faino único!  

Robot garabateador from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Cacharreando

A electricidade é unha palabra que non nos resulta estraña, ao oíla pensamos nos raios, na batería do móbil ou da tablet, na rede eléctrica e incluso hai ao quen lle ven á cabeza as anguías eléctricas... Pero o certo é que o concepto é complicado de entender e por iso, nas clases de ciencias andamos a voltas coas cargas eléctricas, cos circuítos eléctricos e coas máquinas.

Experimentamos deseñando circuítos eléctricos e comprobando o seu funcionamento.

Temos xa bastante soltura manexando ferramentas coma o desaparafusador, os alicates e incluso o soldador. Xa non resulta estraño oír na clase “tes que estañar esa pila!.”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Resulta máis doado desenvolver ideas novas cando participamos de xeito activo na fabricación de  robots, circuítos e outros cacharros...

 GALERÍA DE IMAXES

Robótica educativa. Programando coa app mBlock dende a tablet. 

Coa robótica os rapaces aplican contidos de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas con moita arte, converténdose en creadores informáticos, actrices e actores, directores de cine ou musicais...

Fomentando as vocacións "STEAM" from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

mbot

 

Recordámosvos que o vindeiro mércores, día 21 de marzo ás 16.00 celebrarase unha reunión informativa sobre o desenvolvemento do proxecto de robótica:

Obradoiro de Robótica, Ola Mundo!

 

 

 

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA CON NAIS/PAIS/TITORES 

Data: 21 de marzo

Hora: 16.00

Lugar: Aula de Música

Dirixido aos pais/nais/titores de 5º e 6º de EP

Contidos: Desenvolvemento do proxecto, metodoloxía, actividades e proxectos realizados.

Normativa: Resolución do 12 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa "Introducción á robótica educativa en primaria"

Plans de Formación Permanente do Profesorado en Centros Educativos Públicos.

 

Pareceravos un reto  programar o robot cos bloques traballados pero non acaba aquí a actividade. Tamén deben  explicar o desafío ao que se enfronta  o robot... e o medo escénico pálpase no aire. Guay  Seguimos mellorando!

Programando o mBot dende a tablet from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

mBot bailando A Macarena from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Programando coa app mblock from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

O ESCOLTA

Reto desta semana: O robot seguirá un obxecto ou persoa en movemento. 

Estará quieto ata que detecte movemento cerca e actuará coma un escolta. Á vez irá mostrando as distancias na pantalla de LED.

Programación do mBot:

Para este reto empregaremos os bloques do sensor de ultrasónmblock escolta

mBot Escolta from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut