Skip to Content

Videoxogos con SCRATCH

salial

PROGRAMACIÓN NAS ESCOLAS

Coñecedes o programa SCRATCH? O seu nome vén de mestura e é unha linguaxe de programación sinxela, diseñada polo Media Lab do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e permite a creación de proxectos mediante unha interface moi atractiva e intuitiva na que se van animando personaxes ou obxectos por medio de bloques.
É un recurso educativo que esperta a curiodosidade, fomenta a creatividade e anima aos rapaces/zas a expresarse, descubrindo e aprendendo cousas novas á vez que desenvolven a lóxica computacional a  través da reflexión. 
 
 
Podes descargalo e instalalo no teu ordenador ou  executalo dende  o navegador. Rexístrate e xa podes crear e gardar os teus proxectos na nube.
 curso
Comezamos un curso de dez horas onde crearemos animacións interactivas, videoxogos ou simulacións.  O curso está impartido por Rodrigo, un especialista do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) que nos guiará na adquisición de novas habilidades que nos permitan familiarizarnos coa programación dunha forma clara e interactiva. 
 
 
No camiño de converternos en enxeñeiros/as, en técnicos/as superiores en programación, automática ou robótica, do futuro!
Os nosos Proxectos con Scratch 
  


page | by Dr. Radut