Skip to Content

Educación plástica

Durante esta semana os rapaces/zas crearon e decoraron as súas máscaras para disfrutar máis do Entroido. Resultou moi divertido! 
A técnica e a temática foi diversa: dende as máscaras tribais africanas, leóns ou mouchos,  houbo que elixiu engadir diverso material de refugallo e os maiores, decantáronse por facer máscaras da saga de Star Wars ou máscaras cubistas cheas de cor. Na presentación podedes ver o orixinais que quedaron.
 

mural da paz

 Este é o mural colaborativo que montamos na entrada do cole.

Romero Britto

 

Animábanos a ir engadindo teselas, para que seguise medrando e enchéndose de cor.

 Só había un requisito: "Intentar manter o estilo de Romero Britto"

Romero Britto É un pintor e escultor brasileño que combina o graffiti, elementos do cubismo e da arte pop.

 

 

Estas son algunhas das tarxetas de Nadal creadas polos alumnos/as para felicitar estas datas.tarxeta Leire

Titorial para tallar unha cabaza

Esta foi unha actividade interdisciplinar (LG, Plástica, TIC) realizada polos alumnos/as de 6º de primaria. Tratábase de crear un titorial cos pasos necesarios para tallar unha cabaza de Samaín empregando a aplicación Presentacións de Google.

Este é o traballo de Sofía

Que emoción xa está aquí o Samaín

taboleiro emocionsBeebot é un pequeno robot con forma de abella que se deu a coñecer este ano no colexio. Na clase de 6º foi moi ben acollido e quixemos crear algúns xogos para poder interaccionar con el.

O 1º taboleiro que creamos é para traballar a intelixencia emocional.

Clase de 6º co taboleiro emocións

En primeiro lugar recortamos as cabazas e fomos pegando ollos, nariz e boca que expresasen distintas emocións. Pensamos que sería boa idea escribilas en galego e en inglés.

 

EXEMPLOS DE ACTIVIDADES:

Pódense realizar diferentes actividades co robots empregando a programación mediante teclado.

  1. Mover o robot ata determinada emoción. 
  2. Que sentes cando o teu compañeiro che conta un chiste, cando che da un abrazo, cando alguén che berra... 
  3. Que emocións che parecen positivas e cales negativas. Expresa que te pode facer sentir así. 
  4. Propor diversas situacións nas que haxa que decidir cal sería o  estado de ánimo e levar o robot ata a cela correspondente. 
  5. Mostrar distintas imaxes de nenos/as (tristes, felices, anoxados) e describir o sentimento. 
  6. Traballar o son e o ruído, reproducir diversos sons (sons agradables e ruídos) e expresar o que nos fan sentir. 
Distribuir contido


by Dr. Radut