Skip to Content

Que emoción xa está aquí o Samaín

taboleiro emocionsBeebot é un pequeno robot con forma de abella que se deu a coñecer este ano no colexio. Na clase de 6º foi moi ben acollido e quixemos crear algúns xogos para poder interaccionar con el.

O 1º taboleiro que creamos é para traballar a intelixencia emocional.

Clase de 6º co taboleiro emocións

En primeiro lugar recortamos as cabazas e fomos pegando ollos, nariz e boca que expresasen distintas emocións. Pensamos que sería boa idea escribilas en galego e en inglés.

 

EXEMPLOS DE ACTIVIDADES:

Pódense realizar diferentes actividades co robots empregando a programación mediante teclado.

  1. Mover o robot ata determinada emoción. 
  2. Que sentes cando o teu compañeiro che conta un chiste, cando che da un abrazo, cando alguén che berra... 
  3. Que emocións che parecen positivas e cales negativas. Expresa que te pode facer sentir así. 
  4. Propor diversas situacións nas que haxa que decidir cal sería o  estado de ánimo e levar o robot ata a cela correspondente. 
  5. Mostrar distintas imaxes de nenos/as (tristes, felices, anoxados) e describir o sentimento. 
  6. Traballar o son e o ruído, reproducir diversos sons (sons agradables e ruídos) e expresar o que nos fan sentir. 


book | by Dr. Radut