Skip to Content

Educación plástica

VIÑETAS DE MELODÍAS

Cómic da canción de Uxía Lambona "Muxía&Roll"

Polas Letras Galegas cantamos e bailamos esta canción. Unha actividade artística na que non podía faltar o debuxo creativo.  Yara de 4º fixo este cómic da vaca Muxía

comic de muxiaroll

FESTA DAS LETRAS

Letras Galegas 2022

"Galicia infinda" é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés, a quen se lle dedica  o día das Letras Galegas. "A súa vida foi unha chea de atrancos pero tamén de alegrías polo seu amor á lingua e á cultura galegas" Primavera das Letras

Fai click nos enlaces interactivos para ver diferentes actuacións e traballos. Cartel realizado polo alumnado de 5º de EP. 

# 8 M VOCES BRAVAS

Día Internacional da Muller

- Quen e Quen? Mulleres relevantes na historia. Xogo para identificar ás mulleres polo seu legado na historia.
 
 - Algo que dicir. Realizamos pancartas con frases feministas e mensaxes reivindicativas sobre: Igualdade, dereitos, a paz, contra a violencia, liberdade...
 
 
- Algo que contar
"Monstro Rosa", Trata a diversidade e a liberdade  e "Monstro Azul",Trata o respecto, a convivencia e a empatía, de Olga de Dios.
 "Que lles pasa ás princesas?" de Felicia Redondo. ...Están fartas de facer sempre o mesmo. Xogo de atención, co escornabot, para buscar no taboleiro os príncipes ras iguais.
 
- Adaptación da letra da canción Ai Mamá de Rigoberta Bandini e interpretación durante a concentración no patio.
aimama pancarta 8m 

- Concentración pola Igualdade. Dedicada ás mulleres máis importantes da nosa vida.

 

 
 
Queridas familias: 

A semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos o ENTROIDO no cole. A temática é “ECOMUNDI” - confección de disfraces e complementos seguindo a regra dos 3R.

  ECOMUNDI

Atent@s aos mandados do Meco. 

- Este LUNS se ao cole queres entrar, algo na cabeza deberás levar.
 
- Se o MARTES non te queres vestir, en pixama podes vir!
 
- O MÉRCORES día de Rosalía é, unha flor e un poema deberás poñer.
 
- Se o XOVES te queres divertir, reutiliza un disfrace a elixir.
 
- O VENRES, se o Entroido queres gozar co traxe  EcoMundi  deberás desfilar. 
 
Coordina equipo ENDL, AAEE e Biblioteca

 

"A folla azul" de Andrea Maceiras, por un mundo sostible

O venres Andrea Maceiras achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" e compartimos todas as actividades realizadas na aula.

Nomeámola gran Protectora da Natureza e regalámoslle unha pulseira da Terra que deseñamos e imprimimos en 3D.

Entrevista

ilustramos a folla azulIlustramos unha páxina do libro tamaño cartaz, cos personaxes máis significativos e a selva do Amazonas con abundantes follas azules, xa extintas na historia.

Aproveitamos a súa visita para facerlle esta entrevista: Falamos do libro, da situación que vive a Amazonia, de ecoloxía, problemas medioambientais e tamén nos deu ideas para o  disfrace de entroido. 

O 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio e queriamos emitir esta entrevista a Andrea Maceiras, moderada por estes locutores que o fan de luxo. (Fai click no play e reproducir no navegador)

Actividade medioambiental do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia: O estudo dos ecosistemas, a Amazonia o pulmón da Terra, problemas ambientais e comportamentos sostibles.

GALERÍA DE IMAXES

IMAXES DO DISFRACE INSPIRADO NA TRIBO DOS KAYAPO

Encontros coa autora é unha actividade, organizada pola Concellería de Educación do concello de Ourense, dirixida ao alumnado de 5º curso de primaria.

25 de novembro de 2021, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

En plástica e de xeito colaborativo montamos este gran collage para mobilizar e sensibilizar dunha forma creativa na loita pola igualdade e na superación de condutas sexistas.

Co compromiso de crear unha rede de apoio e axuda á quen estea a sufir por calquera tipo de violencia. 

collage 25N

PDI EcoMundi. Comprometidos coa protección do Medio Ambiente, para facer este collage, empregamos variado material reciclado como revistas, xornais, caixas de cartón e envases de plástico.

cartaz 25N

Mais actividades no Blog da Biblio: A Sombra do Érbedo

Recurso: Propostas didácticas do STEG

O alumnado de 6º pintando o cadro de Pablo Picasso.

guernicas de 6º

Estas son as 3 interpretacións realizadas do cadro de Pablo Picasso. Fai click nelas para velas a tamaño real:

Guernica1
Grupo 1
Guernica 2
Grupo 2
Guernica 3
Grupo 3

Tangram Gato

"Tangram Gato" chegounos na maleta de Biblioteca Creativa dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Cun chisco de imaxinación convertémonos en narradores de historias dándolle vida a distintos personaxes creados coas sete pezas  xogo do Tangram.

Na clase montamos láminas para kamishibai con material de refugallo, e recortamos as pezas do Tangram que tinguimos de diferentes cores naturais para que outros nenos e nenas inventen historias.

Para conseguir a pintura ecolóxica caseira, empregamos diferentes hortalizas espinacas, cenoriascol lombarda e tamén . Botámolas uns minutos en auga quente e logo coamos a mestura. O líquido resultante mestúrase con azucre moído e obtemos  un tinte natural de cores vistosas. 

Retratos de Xela Arias

Ao entrar un retrato de Xela cos portarretratos feitos polo alumnado usando material reciclado coas fotos da súa etapa de bebés.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti. 

retratos xela

Tamén deseñamos e imprimimos as letras do seu nome en 3D 

retrato nome xela en 3D

Xela Arias encheu de cor e tenrura a entrada e os corredores do centro.

retratos Xela Arias

Día da Muller 2021

En 6º curso pintamos estas pancartas con lemas e debuxos que poñen en valor a loita pola igualdade e a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade.

8M día da Muller en Ceip Vistahermosa

pancarta grupo 1 pancarta grupo 1
pancarta 2 pancarta grupo 2
pancarta grupo 3 pancarta grupo 4

O alumnado de Educación Infantil participou nun Acto simbólico 8M

acto simbólico 8M

Distribuir contido


by Dr. Radut