Skip to Content

Articles

Hoxe Pubícase no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos e exluídos no fondo libros para 3º e 4º de EP e infórmase da adxudicación de vales de libros de texto e material escolar para os demais cursos.

O prazo para presentar as reclamacións será  ata o mércores 3 de xullo (incluído).

Fondo Solidario 3º e 4º

As solicitudes de 3º e 4º de EP  consultaranse na Secretaría para coñecer o número de libros adxudicados (4/6).  Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas. Os libros do fondo serán entregados ao alumnado nos primeiros días do vindeiro curso.
 
 
Vales de libros de Texto e Material escolar 
Os cheques  para libros texto (1º, 2º) e para material escolar (1º-6º) poderán ser recollidos na secretaria desde  4 de xullo ata o 9 de xullo.

Relación de libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Educación Infantil

4º E Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

Educación Primaria

1º E. Primaria

2º E. Primaria

3º E. Primaria

4º E. Primaria

5º e 6º  E. Primaria - Aulas E-Dixgal 

 

Fondo Solidario de libros de Texto e material escolar

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de educación primaria, curso escolar 2024/25.

cartel fondo libros Destinatarios/as:
 
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º de EP e ESO.
- Axudas para adquirir material escolar: O alumnado matriculado en EP e ESO.
- O alumnado de 5º e 6º incluídos no programa E-Dixgal poderán  solicitar axuda para adquirir material escolar.
 
Prazo de solicitude:  do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.
 
Forma de presentación de solicitudes:
 
- Na  aplicación informática Fondolibros. Cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. 
- Formularios  Anexo I e II debidamente asinados e presénteos no centro educativo.
 
Documentación necesaria:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
 
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
 
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
 
SOLICITUDE - Tedes os impresos da solicitude na secretaría do centro.
 

Axudas libros de texto para o vindeiro curso 2021/2022

A Orde do 6 de maio de 2021 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2021/22.

Este curso só recibirán vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Educación Primaria.

O alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria terá que solicitar libros do fondo de libros.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibirá un ordenador do programa EDIXGAL.


PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES


 O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).


 ORDES QUE REGULAN O PROCESO E DOCUMENTACIÓN



LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2021/22


No mes de xuño publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web, e por medio de Abalar Móbil, a data de publicación.

Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación.


 LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2021/22


Na primeira semana de xullo publicaremos a listaxe definitiva

Os libros serán entregados ao alumnado o 1º día de clase do curso 2021/2022. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas.


LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022


Nos seguintes documentos poderedes descargar no seu momento a lista de libros para o curso 2021/2022.

 Relación de libros de texto para o curso 2021/2022 en pdf.



by Dr. Radut