Skip to Content

No centro

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

O vindeiro mércores, 15 de maio, ás 12:00 h, celebraremos no cole o festival das Letras Galegas, ao que quedades convidadas todas as familias.

Deixámosvos o tríptico coas actuacións e datos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Para ver mellor o tríptico, premede nas imaxes.

BIBLIOPATIO

Celebramos o Día do Libro coas actividades que vos explican no blog da biblioteca.

As imaxes tédelas nas Galerías.

E a noticia, no Faro de Vigo.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Galicia se prepara para las pruebas que servirán para “reorientar” la  docencia - Faro de Vigo

Durante os días 10 e 11 de abril, todo o alumnado de 4º de primaria participará na avaliación de diagnóstico, establecida na nova lei educativa estatal para todas as comunidades autónomas. Trátase dunha ferramenta para contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación a través do coñecemento do grao de adquisición das distintas competencias por parte do alumnado.

Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira (Inglés).

Non é unha avaliación do alumnado. Polo tanto, non hai datos nin cualificacións individuais, non hai información que incorporar ao expediente académico do alumno/a e non existirán informes con orientacións individualizadas. En conclusión, a avaliación de diagnóstico non ten ningún efecto académico.

Tedes máis información no seguinte documento:

- Avaliación de diagnóstico 23/24. 

BOLETÍNS NOTAS

Entrega de notas y reclamaciones | Colegio San Juan Bosco | Salesianas |  Salamanca

O vindeiro venres, 22 de marzo, ás 16:00 h, recibiredes na aplicación AbalarMóbil os boletíns de notas dos vosos fillos/as.

Se tedes algún problema para visualizar as notas, poñédevos en contacto co centro a través do teléfono 886 151 055 ou do correo ceip.villar.parama@edu.xunta.gal

Visita AGADEA

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, recibiu a visita da asociación AGADEA xunto con dúas das súas usuarias. Xuntos/as compartimos un ratiño no que falamos sobre as diferentes enfermidades neurodexenerativas coma o alzehimer principalmente. Logo agasalláronnos con dous fermosos exemplares do libro “Sobremesas sobre versos” gañador do premio Simbad. Moitas grazas!

DÍA DE ROSALÍA

Onte tivo lugar no teatro principal da Estrada un acto para conmemorar o día de Rosalía. O noso centro participou co recitado de dous poemas: Eu cantar, cantar, cantei do libro Cantares Gallegos na que recitou Inés Rey e tamén, Basta unha morte do libro Follas Novas, interpretado por Marcos Souto.

 

Ademais tivo lugar a presentación do vídeo da Banda da Loba, Son un Pelouro, baseado no poema de Rosalía e na que colaborou o noso colexio ao igual que os demais centros de primaria da Estrada.

 

 

DÍA DE ROSALÍA PRIMARIA

Seguindo a iniciativa da AELG, sumámonos ao recitado de poemas da Nosa Rosalía de Castro. Aquí tedes o poema de Educación Primaria.

DÍA DE ROSALÍA INFANTIL

 

Segundo a iniciativa de AELG (asociación de escritores/as en lingua galega) unímonos ao recitado de poesías da Nosa Rosalía de Castro.

Aquí tedes o vídeo dos máis pequechos que acompañaron o poema con xestos.

VÍDEO ENTROIDO

 

 AQUÍ TEDES O VÍDEO DO ENTROIDO 2024 NO VILLAR PARAMÁ. (pincha na imaxe) 

 

CONCERTO

O venres 2 os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º acudimos ao auditorio de Galicia, para ver a obra "O gato con botas" con monicreques e amenizado todo coa música da Real Filharmonía de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut